Antonio Hidalgo: "Os nosos números fóra de ABANCA-RIAZOR son moi bos. Temos que seguir nesa liña"
Antonio Hidalgo advertiu na sala de prensa do Dépor Training Center que "os nosos números fóra de ABANCA-RIAZOR son moi bos. Temos que seguir nesa liña, sabendo que enfronte hai un rival (o AD Ceuta FC este sábado 14 de marzo ás 21:00 horas no Estadio Alfonso Murube) que propón moitas variantes, que están a facer un gran fútbol, que están a competir a un gran nivel e en casa estanse facendo fortes".
O técnico deportivista pide "confiar en todo o bo que fixemos, que foi moito. E saber que hai que mellorar. Ese punto de mirarnos dentro e dar un paso adiante".
Nesta liña, subliña que "hai momentos de zozobra, que se move todo, que parece que todo estea mal. Hai que saír de aí canto antes. E seguir traballando, seguir dando solucións, buscar solucións, que é o que levamos facendo desde o primeiro día".
Finalmente, Antonio Hidalgo lembra que Mella e Yeremay, baixas en Ceuta, son "dous xogadores diferenciais, que che dan ese un contra un, ir ao espazo, desequilibrio sobre todo en último terzo que é onde nos estaba custando algo máis".
Para suplilos, "imos ter que seguir complementando movementos. Na posición de David veu xogando moito Luismi. E a un gran nivel. Tentaremos seguir buscando xogadores en posicións que nos interesen".
Conclúe que "a vida vén como vén. E aceptala. Non queda outra e mirar cara a adiante".