Miguel Loureiro pasouse pola sala de prensa do Dépor Training Center.
O central deportivista asegura que "nós mesmos somos os máis críticos. Vivimos para isto. Traballamos todos os días para xogar ben, para gañar. E cando non o conseguimos somos os máis críticos connosco mesmos. Pero esa crítica non nos pode levar a ser pesimistas".
Opina que "hai un reto moi bonito por diante. Temos unha oportunidade moi bonita para poder gozar todos xuntos. Temos que abrazar esa responsabilidade, collela con tranquilidade, con calma, con esas ganas e esa paixón que nos van a permitir competir ao máximo nivel, e chegar ao final de temporada nesas posicións altas da táboa".
Subliña que #ANOSAFORZA "vai ser un factor determinante. Sabemos o club que representamos, toda a ilusión que hai ao redor do equipo. Nós compartimos esa mesma ilusión e esa mesma esixencia".
Miguel Loureiro apunta que "temos a mellor afección da categoría e vai ser un factor determinante de aquí a final de temporada. Darlle as grazas polo apoio, que nos animen e que saiban que o equipo o vai a dar todo de aquí ao final".
Ve "moita ilusión ao redor do equipo. Todos somos conscientes do proxecto no que estamos. Todos estamos moi ilusionados neste proxecto".
Iso si, advirte que "cando hai tanta ilusión tradúcese nunha esixencia, nunhas expectativas moi altas. E hai momentos na temporada que é complicado responder a estas expectativas. Todos os equipos pasamos por momentos de forma. Todos os xogadores durante a temporada pasamos por momentos de forma mellores, peores condicionado ao aspecto físico, mental ou ao que sexa".
Finalmente, do AD Ceuta FC, rival este sábado 14 de marzo ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion) no Estadio Alfonso Murube, afirmou que "é un equipo alegre. É o seu primeiro ano na categoría pero está a facelo moi ben. No seu campo deixou escapar moi poucos puntos. Estamos concienciados do que nos imos a atopar e con moitas ganas de que chegue o sábado para recuperar esas sensacións e a través da competición sentirnos ben, con confianza como equipo".
