Antonio Hidalgo pediu na sala de prensa do Dépor Training Center darlle ao partido de Copa ante o Atlético de Madrid deste martes 13 de xaneiro ás 21:00 en ABANCA-RIAZOR "a importancia que ten, sabendo que para nós a máxima importancia sempre é a liga".
O técnico deportivista admite que, a pesar do pouco descanso entre partido e partido, "todos queren xogar. É un partido bonito e moi atractivo contra un gran rival. Imos preparar o partido coa mesma enteireza que as anteriores eliminatorias sabendo o gran reto, a dificultade que ten. Imos pelexalo ao máximo con #ANOSAFORZA. Convido á xente a que veña, a que empuxe connosco porque imos pasar momentos delicados durante o partido; pero con esa convicción de poder facer dano a un gran equipo".
Insiste en que o once aínda é unha incógnita a expensas de ver "como chegamos de cansazo, a xogadores con molestias, a xogadores que veñen de lesión e non sabemos o rendemento que nos poden dar".
Do Atlético de Madrid, Antonio Hidalgo destaca "o traballo que está a facer o seu adestrador en todo o tempo que leva e o rendemento que lle está sacando ao seu cadro. Calquera xogador que salga mañá a xogar contra nós é de primeiro nivel mundial. E temos que estar atentos a este tipo de situacións".
Conclúe que enfronte haberá "un gran equipo, moi ben traballado, que nos vai a estresar moitísimo, que nos obrigará a sufrir esas fases sen balón; e logo tentar facerlles dano".
