RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo, sobre a primeira volta da liga: "Estou contento polo global da situación"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa do Estadio Gran Canaria que ao termo da primeira volta, e en postos de play off de ascenso, "estou contento polo global da situación. É certo que nos últimos partidos os días que tes que gañar hai que gañar porque hai días como hoxe que son complicados".

Precisamente do partido ante a UD Las Palmas, definiuno como "bastante táctico, con situacións clarísimas nosas de gol. Unha pena non poderche levar o partido".

Cre que "no cómputo xeral podemos falar de xustiza".

Apunta o técnico deportivista que "tivemos 2 clarísimas de Yeremay. Eles a de Jesé. Tivemos o gol. Eles tiveron ese centro lateral que o temos que defender doutra maneira. Tivemos un man a man de Stoichkov na segunda parte. É moi difícil facerlle dano a un equipo tan ben estruturado".

Insiste en que "se imos ás situacións claras, claras, quitando o penalti, seguramente tivemos máis volume que Las Palmas. É certo que nos empuxaron na segunda parte pero sen sufrir demasiado. Tivemos as nosas, incluso a última con Zaka, un gol anulado por milímetros... Estas pequenas situacións no momento que estamos están a penalizarnos".