RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo subliña que "referendamos o crer na idea" e que "competimos moi ben"

Antonio Hidalgo subliñou na sala de prensa do Ibercaja Estadio de Zaragoza que "cando non ganas tes esa sensación de abafo, sobre todo pola xeira que debiamos cortar. E máis que pola xeira, polas sensacións últimas. Referendamos o crer na idea. Competimos moi ben. Estou contento por min, por eles e por todos".

O técnico deportivista é consciente "da presión que hai e onde estamos. Fixemos unha gran semana", conclúe.

Insiste en que "vai ser longo. Todo está moi igualado. Se ves a clasificación está todo igualadísimo. Non lembro unha Segunda División tan igualada. Hai que saber da dificultade da categoría".

Do partido, Antonio Hidalgo sostén que en Zaragoza "soubemos interpretar os momentos de presión. E logo o gol de Mario, que estivo espectacular; Yere buscando ao home libre e nesas situacións é moi diferencial. Estou moi contento polo partido de Yeremay con e sen balón. Demostrou ser un líder. Necesitámolo nese estado. Sente moito as cores e é importante reforzar iso. Os seus compañeiros traballando ao máximo. Foi un partido no que interpretamos o que necesitamos. Era moi necesaria a vitoria".

Finalmente desvela que nestes días fóra de casa, desde o pasado mércores 30 de outubro, "falamos moito entre nós, os xogadores puxéronse nese estado de ver cousas que nos estaban faltando. Eu tenteilles axudar, apoiar. Isto vai por momentos. A semana non era fácil porque esa xeira había que cortala. Fóra de ABANCA-RIAZOR non é fácil gañar e fomos solventes".