RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Aprazado o partido do Fabril FC Benxamín por casos de COVID no Imperátor OAR

O encontro entre o Imperátor OAR e o Fabril FC Benxamín, correspondente á 5ª xornada da Primeira A Coruña, subgrupo A, foi aprazado por casos de COVID no Imperátor.

Agora será o Comité de Competición o que fixe unha nova data o máis próxima posible no tempo e a condición de que se cumpran as condicións sanitarias.

O conxunto fabrilista é sexto na clasificación provisional do subgrupo, con 6 puntos.

En lugar do choque aprazado de liga, o Fabril FC Benxamín disputou un amigable no campo de herba sintética ante o SDCR Narón O Freixo ao que corresponde a fotografía. O resultado, que é o de menos, favoreceu (3-4) aos naroneses. Hugo Bujía, Hugo Quintela e Álvaro Rodríguez anotaron os goles do equipo que dirixe Sergio Mourente.

A próxima fin de semana, o Fabril FC Benxamín regresa á liga co CD Calasanz como rival.

Os resultados do equipo fabrilista até a data son os seguintes:

Orillamar SD 0 - Fabril FC Benxamín 4 (Miguel Candal -2- e Hugo Quintela -2-)
Fabril FC Benxamín 1 (Álvaro Rodríguez) - Atlético Coruña Montañeros CF 4
Ural Español CF 2- Fabril FC Benxamín 6 (Thiago López -2-, Miguel Candal -2-, Álvaro Rodríguez e Mateo Carballeira)
Fabril FC Benxamín 1 (Miguel Candal) - Benxamín A 13
Imperátor OAR - Fabril FC Benxamín, aprazado