RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Aprazado, por segunda vez, o Rayo Vallecano - Dépor ABANCA de mañá

O Xuíz de Competición da Real Federación Española de Fútbol atendeu a solicitude do Real Club Deportivo para a suspensión do partido correspondente á xornada 7 de Primera Iberdrola ante o Rayo Vallecano (que xa se aprazou por primeira vez o pasado 5 de novembro por un caso positivo no conxunto local) e que debía disputarse mañá mércores 13 de xaneiro ás 16:00 h. na Cidade Deportiva Fundación Rayo Vallecano. 

O motivo neste caso é que un total de quince xogadoras do Deportivo ABANCA continúan en illamento, tal e como estipulan as autoridades sanitarias, ao ser contacto estreito dunha persoa positiva en COVID-19.

O Real Club Deportivo, xunto ao Real Betis e o Rayo Vallecano, está a buscar as datas máis próximas posibles para disputar os dous partidos aprazados esta semana pola mesma razón unha vez que as xogadoras poderán regresar nos próximos días aos adestramentos unha vez superada a corentena.