RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Aquí pitamos todos

Neste tramo final de Liga, esta auténtica carreira de obstáculos, o Deportivo da Coruña necesita o apoio da súa afección máis que nunca. A gran demanda de entradas para o partido do domingo co Zaragoza fai prever que o ambiente será magnífico e Riazor est

É por iso que para animar aínda máis se cabe, a emisora Radio Voz puxo en marcha unha orixinal iniciativa, bautizada coa frase "Aquí pitamos todos", que conta co patrocinio de Chupa Chups e a colaboración de Deportes Cimans. O vindeiro domingo aos afeccionados que acudan a Riazor (19:30 horas) para o Deportivo-Zaragoza entregaráselles un caramelo chifre Melody Pops. Ademais de animar ao equipo co asubío do agasallo, endulzará o ambiente do Estadio. Scaloni, na foto de La Voz de Galicia, xa os probou.