RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Arsenal 0 - Deportivo 2<br>Outro partido incrible do Depor

O Deportivo conseguiu a clasificación para os cuartos de final da liga de Campións nun partido cunha primeira parte para enmarcar. Os goles de Valerón e Naybet deixaban o partido canalizado. Na segunda parte o Arsenal puido recortar de penalti pero Molin

Inicio vibrante do partido, primeiro Pires de disparo raso pon a proba a Molina no minuto 5, e Fran no 8 desde fóra da área a Seaman. Logo Bergkamp cun control incrible dispara alto. Nos minutos 11 e 12 os branquiazuis reclamaron senllos penaltis sobre Tristán.


Aos poucos o Deportivo fué collendo o control do partido e tras algunhas ocasións chegaría o primeiro gol no mintuo 30, balón roubado en defensa, Mauro de tacón abre para Fran en banda que inicia a contra, Romeu entra con forza e o capitán pásalle entre liñas, o lateral gaña a liña de fondo e mete atrás onde Valerón chega e remata.


O Deportivo no canto de replegarse vén arriba e mostra un vendaval de xogo, tras un paradón de Seaman a xogada de Valerón chegaría o segundo gol. Minuto 40, xogada elaborada do Deportivo que permite a incorporación ao ataque de Naybet. Tras unha primeira ocasión o balón chega á banda dereita, e de aí tres paredes Víctor, Valerón, Tristán para que chegue Naybet e dispare, o balón golpee nun defensa e cóese na portaría.


Comeza a segunda parte e o Arsenal sae con moita forza pero sen crear claras ocasións. O Depor tenta saír á contra e sorprender ao equipo inglés. Froito diso dispoñen Tristán e Víctor de dúas claras ocasións no dez primeiros minutos. A balón parado Tristán disparou ao traveseiro no 16.

No minuto 19 saía Ljungberg por Grimandi, e na primeira xogada era derrubado por Molia dentro da área. Henry dispara á dereita de Molina e o porteiro realiza unha intervención magnífica. De aí ao final o Arsenal tentouno pero os branquiazuis souberon manterse firmes e evitar todas as ocasións.


Saíron de inicio polo Deportivo: Molina, Romeu, Naybet, César, Mauro Silva, Tristán, Fran, Scaloni, Sergio, Víctor e Valerón. Mentres que polo Arsenal fixérono: Seaman, Vieira, Pires, Bergkamp, Wiltord, Lauren, Henry, Grimandi, Luzhny, Campbell e Stepanovs.

O banquilo do Depor ocupárono: Nuno, Makaay, Djalminha, Capdevila, Helder, Duscher e Hector. O do Arsenal: Wright, Dixon, Ljunberg, Edu, Inamoto, Kanu e Tavlaridis.

O colexiado do encontro é Urs Meier, asistido en bandas por Egon Bereuter e Francesco Buragina.