RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Arsenio ensaiará hoxe o equipo que oporá ao Racing de Ferrol

Para esta mañá en Riazor está convocada o persoal deportivista posto que Arsenio ten programado o celebrar un partidillo de axuste e ensaio con vistas ao partido de mañá, final de Cópaa Deputación fronte ao Racing ferrolán.

Conta con todos os efectivos que integran o grupo de profesionais do club, vellos coñecidos con algunha integración plena dos refrescos fabrilistas, comi vén sendo o caso de Fran, pero sen que Arsenio atope eses homes, cando menos un par, que fortalezan o sistema defensivo polo centro e que asenten o xogo no medio campo...

Continúan as altas de novos socios

A campaña de captación de socios continúa a bo ritmo e onte xa se chegou ao novo socio número 2461, roldando xa os 2500 que como en anteriores medio milleiros, terá premio como o novo socio 500, 1000, 1500 e 2000.