Hai 12 anos era noticia no equipo deportivista a opinión dos comentaristas deportivos de Cópea, elixindo a Arsenio como mellor adestrador do mes de decembro en Segunda División, que lle dá dereito ao Trofeo "Bell´s", de ben gañado prestixio entre os técni
A primeiras horas desta mañá sae o Deportivo cara a Barcelona, onde realizará un lixeiro adestramento aproveitando as instalacións adxacentes ao Nou Camp, para saír a continuación cara a Lérida en cuxa cidade teñen previsto comer.
Onte, os xogadores recibiron a habitual sesión de baño e masaxe nas instalacións do Estadio de Riazor, despois da cal o técnico branquiazul, Arsenio Igrexas, facilitou a relación de convocados que non varía con respecto ao último partido. Os viaxeiros son: Josu, Jorge, Antonio, M. Lasarte, Kana, S. Bilbao, Albístegui, Gil, J. Ramón, Albis, Mújika, Aspiazu, Fran, Vila, Stojadinovic e Uralde.