RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Arteixo 1 - Deportivo 2

O Deportivo adiantouse na primeira parte con goles de Pandiani e Jaime, pero o Arteixo recortou distancias na segunda parte. O homenaxeado Nando xogou os primeiros minutos do encontro co equipo do Deportivo.

O Deportivo saíu de inicio con: Juanmi, Manuel Pablo, Andrade, Naybet, Nando (que xogou os primeiros minutos co equipo branquiazul), Mauro Silva, Sergio, Víctor, Fran, Luque e Pandiani.

Tras uns primeiros minutos en que o homenaxeado Nando lembrou a súa etapa branquiazul xogando co equipo do R.C. Deportivo, o lateral cambiou a camiseta e púxose a xogar co Arteixo. No minuto 15 da primeira parte entraría Jaime en substitución de Mauro Silva e Pablo Amo por Naybet. Os goles chegarían no minuto 23 por medio de Pandiani e no 27 Jaime. Ao descanso chegaríase co resultado de cero goles a dous.

Na segunda parte saíron David Yáñez, César, Héctor, Djorovic, Romeu, Changui, Valerón, Duscher, Amavisca, Tristán e Iván Pérez.

Nesta segunda parte o Arteixo logrou acurtar diferenzas cun gol. No último tramo do encuetro o Deportivo xogou con dez xogadores porque Tristán sofre unha luxación nun home.

Irureta convocou aos xogadores mañá ás 11:00 en Abegondo para unha sesión de adestramento. En palabras do técnico: "estes partidos teñen que servirnos para darnos conta de que hai traballar máis e que ademais non hai ningún rival pequeno."