RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSAFORZA

As entradas para o Ponferradina-Dépor, á venda mañá mércores ás 10:00 na OAD

O RC Deportivo porá á venda mañá mércores 11 de outubro as entradas que o SD Ponferradina puxo á súa disposición para o encontro da 8ª xornada do grupo 1 de Primera Federación que se disputará no estadio de El Toralín o domingo 15 de outubro ás 18:00 horas.

As entradas terán un prezo de 20 euros e estarán a disposición do deportivismo na OAD mañá mércores a partir da súa apertura, ás 10:00 horas, e até finalizar existencias.

O SD Ponferradina puxo a disposición do RC Deportivo un total de 874 entradas para afección visitante na zona de Fondo Sur. O Club porá á venda 524 billetes, mentres que os 350 restantes xestionaraos a Federación de Peñas en virtude do convenio entre ambas as entidades.

Será imprescindible que a persoa que adquira as entradas (até 2 por carné e un máximo de 4 por persoa física en despacho de billetes) mostre o DNI orixinal, copia ou imaxe de cada persoa que as vai a utilizar, e que unha delas pertenza á persoa titular do abono.

Ademais, as entradas serán nominativas, polo que en caso de non corresponder á persoa indicada na porta de acceso pódeselle denegar o ingreso ao estadio.