RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

As Nosas Cores 2021-2022

Con novo patrocinador técnico, Kappa, e coas cores de sempre, o Dépor xa ten primeiro equipamento para a temporada 2021-2022.

Tres raias verticais azuis no frontal e catro brancas compoñen unha parte dianteira da camiseta na que o escudo, de goma na parte esquerda, e o ommini de Kappa, en dourado na parte dereita, soben uns centímetros con respecto á súa localización en temporadas anteriores, nunha posición distintiva de todas as pezas da marca italiana. O pescozo elástico e redondo en azul, cun pequeno detalle en branco na parte dianteira de forma triangular e o novo símbolo de Estrella Galicia completan a parte dianteira.

Nas costas, o espazo reservado para o nome e o dorsal en azul, xunto coa aplicación de marca de ABANCA na parte inferior e unha bandeira galega na parte traseira do pescozo, completan este sobrio e elegante deseño do primeiro equipamento do Dépor 21-22, as nosas cores.

A primeira camiseta do Dépor para esta temporada xa está a disposición de todos os Deportivistas nas DéporTiendas físicas e en www.deportienda.es.