RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

As Nosas Cores: Arsenio Galego, equipamento galego do Dépor 24-25

Kappa, patrocinador técnico do RC Deportivo, presenta hoxe, da man do Club, o equipamento galego do Dépor 2024-2025: "Arsenio Galego", un deseño exclusivo entre ambas as entidades que, como o primeiro e o segundo uniforme, está dedicado a Arsenio Iglesias, o personaxe con maior influencia directa no terreo de xogo nos 117 anos de historia do RC Deportivo.

Arsenio Galego, o equipamento galego do Dépor para esta temporada, xa está a disposición do Deportivismo nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR, Marineda City, rúa Real e en www.deportienda.es.

O equipamento galego do Dépor para esta temporada mostra a Arsenio emerxendo sobre a franxa da bandeira no seu parte inferior, nunha silueta do 'Raposo de Arteixo' no momento culminante a súa carreira, levantando a Copa del Rey de 1995 após o último dos seus 714 encontros oficiais co primeiro equipo branquiazul como adestrador (568) ou xogador (146).

Na parte interna do pescozo, a camiseta leva un rostro de Arsenio xunto ao nome do equipamento e a expresión "Que dubida cabe", unha frase que utilizou en numerosas roldas de prensa e que condensa a súa retranca e, con iso, o seu remarcado e reconocible carácter galego.

Fundada en 1967 en Turín por Maurizio Vitale, Kappa creou a súa primeira liña deportiva en 1978. Pouco despois foi a primeira marca en Italia en patrocinar un equipo de fútbol. Unha decisión estratéxica que a situou no mercado internacional. Nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984, Kappa foi o patrocinador oficial do equipo de atletismo de Estados Unidos, cando Carl Lewis gañou catro medallas de ouro. Historia, deporte, tecnoloxía, innovación, deseño, estilo, orixinalidade, singularidade e futuro son os valores que definen a natureza da marca italiana que representan unha traxectoria repleta de fitos, como a creación da camiseta Kombat no 2000, a primeira que rompeu as regras do fútbol.