As Nosas gozan duns días de descanso con motivo do parón do Nadal da Liga F. É tempo de desconectar e pasar tempo coa familia.
Iso si, as futbolistas branquiazuis levaron deberes para volver de novo coas pilas cargadas en óptimas condicións físicas para un ano 2026 esixente.
Fran Alonso citou de novo ao seu cadro no Dépor Training Center o sábado 3 de xaneiro ás 10:30 para retomar os adestramentos.
A primeira cita para o Deportivo ABANCA no novo ano está fixada para o domingo 11 de xaneiro ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR ante o UD Costa Adeje Tenerife.
Fran Alonso: "Ímonos coas sensacións de que este é o modelo a seguir"
#ASNOSAS
As Nosas tómanse un respiro co parón ligueiro por Nadal
#ASNOSAS
Segunda cita consecutiva entre Dépor ABANCA e Real Sociedad para concluír o ano 2025 cun "partido precioso" de Copa
#ASNOSAS
Fran Alonso fala de "ilusión por poder facer algo precioso e pasar á seguinte rolda"
#ASNOSAS
