As visitas ao FC Barcelona e ao CD Tacón, protagonistas na semana do Dépor ABANCA
O Deportivo ABANCA inicia mañá luns 24 de febreiro unha frenética semana de competición, coas visitas ao FC Barcelona en Copa da Raíña (mércores 26, 19:00 horas) e ao CD Tacón na Primeira Iberdrola (domingo 1 de marzo, 12:00 horas).
Manu Sánchez, técnico deportivista, dispuxo ademais de 5 sesións de traballo para prepara ambos os encontros, segundo esta planificación:
Luns 24 de febreiro
17:00: Adestramento en Abegondo
Martes 25 de febreiro
10:30: Adestramento en Abegondo
Mércores 26 de febreiro
Cuartos de final da Copa da Raíña, 19:00 horas: FC Barcelona - Deportivo ABANCA, no Estadi Johan Cruyff
Xoves 27 de febreiro
17:00: Adestramento en Abegondo
Venres 28 de febreiro
17:00: Adestramento en Abegondo
Sábado 29 de febreiro
10:30: Adestramento en Abegondo
Domingo 1 de marzo
12:00: CD Tacón - Deportivo ABANCA, na Cidade Deportiva de Valdebebas