Aspiazu: "Ipurúa é un campo difícil, pero dásenos ben"
Era noticia hai 12 anos no seo do equipo branquiazul a reaparición de Aspiazu no partido que o vindeiro domingo disputará a Deportiva fronte ao Eibar en Ipurúa.
Este partido é dos máis difíciles que ten o equipo coruñes fóra do seu feudo, non polo potencial do rival, senón polas características do seu xogo, e tamén do campo que serve de escenario aos seus encontros de competición.
Jon Aspiazu coñece perfectamente este terreo de xogo e ao rival que se vai a atopar o domingo, ao que esperea vencer para sumar dous novos positivos. Coméntanos: "É un campo que normalmente se nos dá ben, no que nos dous últimos anos puntuamos, e ademais, deixamos unha boa imaxe"
Doutra banda Arsenio Igrexas, repetirá en Eibar o mesmo equipo que o pasado domingo derrotou en Riazor ao Xerez. Polo menos é o que deixou entreveer onte o técnico coruñes durante o partidillo de axuste que habitualmente celebra os xoves. Así o equipo estaría formado por: Josu, Antonio, Albístegui, M. Lasarte, S. Bilbao, J. Ramón, Aspiazu, Fran, Gil, Stojadinovic e Vila.