RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Athenea del Castillo, quinta incorporación do Dépor ABANCA 2019-2020

Athenea del Castillo Beivide (Solares, Cantabria, 24 de outubro de 2000) é nova xogadora do Deportivo ABANCA, ao que se incorpora para disputar a primeira campaña do Club na máxima categoría do fútbol feminino nacional.

Athenea xoga en calquera das posicións da fronte de ataque, tanto nos extremos como polo centro.

A xogadora cántabra foi internacional sub-19 en numerosas ocasións. En 2018 formou parte do equipo que conquistou o título europeo da categoría, nun cadro no que formaba parte a súa nova compañeira Teresa Abelleira. Este mesmo verán disputou de novo o mesmo torneo, tamén xunto a Teresa e á tamén recente incorporación María Méndez, alcanzando as semifinais.

A dianteira chega procedente do Racing Féminas, equipo no que xogou desde os 11 anos, baixo os seus diferentes convenios e denominacións (Reocín Racing, Ave Fénix Racing e Racing Féminas). A pasada campaña, Athenea disputou a mesma liga que o Dépor ABANCA, a Segunda División Nacional grupo 1, na que anotou 22 goles noutros tantos partidos.