RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Barcelona 2 - Deportivo 1<br>Bo partido, mal resultado

Final do partido en Barcelona con vitoria e puntos para o conxunto local. Nun intenso encontro, o Barça remontou un gol en contra anotado por Fran ao seis minutos. Xavi, primeiro, e Etoo, pasada a media hora de xogo, deron a volta a un marcador que a part

Saíu o Deportivo a por todas no Camp Nou e o seu ataque viu os seus froitos ao sete minutos de xogo, cando despois dun par de xogadas de perigo de Munitis, Fran rematou un rexeite e batía a Valdés. O Deportivo seguiu atacando, pero o Barça non quedou atrás.
Xavi, aos 22 minutos de partido, empataba o encontro e pasada a media hora de partido, Eto'o, despues dunha xogada peligrosísima do Deportivo, marcou o segundo dos locais.

Tras o descanso continuou a mesma tónica, con ocasións para uns e outros, pero o marcador xa non se moveu. Nin Fran, nin Tristán nin Luque foron capaces de marcar e Molina, pola súa banda, impediu que os blaugranas ampliasen a súa vantaxe.

Finalmente, o tres puntos quedan no Nou Camp.