Bertamiráns repite DéporCampus Cabreiroá por sexto verán consecutivo
O DéporCampus Cabreiroá de Bertamiráns foi presentado este martes 8 de xuño no salón de plenos do concello de Ames.
A actividade deste ano volverá ao campo de fútbol municipal de Bertamiráns despois de que a edición do ano pasado tivese que trasladarse a Milladoiro polas obras na outra instalación.
Bertamiráns, que hai ano e medio converteuse na primeira localidade fóra da Coruña en acoller a Escola RC Deportivo, organizará por sexto verán consecutivo un DéporCampus Cabreiroá
Á presentación acudiron Susana Señoris, concelleira de deportes de Ames; Sergio Penas, director deportivo do Bertamiráns FC; Adrián Alvite, coordinador de fútbol base do Bertamiráns FC; e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.
A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas entre os días 12 e 16 de xullo.
Os interesados poden consultar toda a información da sede de Bertamiráns e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do xoves día 8 de xullo nesta ligazón.
Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.