RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Bertamiráns, sede por oitavo verán consecutivo dun DéporCampus Cabreiroá

O DéporCampus Cabreiroá de Bertamiráns terá lugar por oitavo verán consecutivo no concello de Ames a partir do próximo luns 17 de xullo.

Á presentación, que tivo lugar o pasado mércores 7 de xuño no concello de Ames, acudiron Sergio Penas, director deportivo do Bertamiráns FC, e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.

A actividade, que volverá celebrarse no campo de fútbol municipal de Bertamiráns, está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas entre os días 17 e 21 de xullo.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Bertamiráns e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do mércores 12 de xullo nesta ligazón.

Ante calquera dúbida ou consulta acerca da súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.