RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Berto Cayarga: É unha marabilla poder xogar en ABANCA-RIAZOR con tanta xente

Berto Cayarga foi o protagonista este mediodía na sala de prensa de Abegondo.

Subliña que o ambiente en ABANCA-RIAZOR durante os partidos "valorámolo moito. É unha marabilla poder xogar en casa con tanta xente todas as semanas. Á parte non van ver o partido, animan e dentro do campo nótase. Eu cando saín nos últimos minutos sentín a presión do estadio e sabía que nos ían a axudar nos malos momentos".

Do CD Arenteiro, rival este domingo 28 de abril ás 19:00 en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e FEF TV), afirma que "o tomamos con moito respecto. Arriba ten xogadores moi bos, que che poden facer gol en calquera xogada. Nós temos que saír ao 100% porque se non saímos así o imos a pasar mal".

O atacante deportivista, autor da asistencia do segundo gol a pasada fin de semana ante a Cultural Leonesa, manifestou estar "moi contento. Despois de tanto tempo sen xogar, volver facelo en ABANCA-RIAZOR é algo especial. Sentín moi contento sobre todo pola vitoria, que era un partido que consideraba clave para o noso obxectivo. Puidemos gañar os 3 puntos. Tiven a sorte de poder saír uns minutos e dar a asistencia para poder sentenciar o partido".

Lembra que "somos 25 no cadro, todos queremos xogar e todos non entramos. Adestramos a tope todos os días para que cando se de a oportunidade como a que tiven eu esta fin de semana, igual a próxima tócalle a outro compañeiro, podamos render e dar ao equipo o que necesita".

Confesa que non foi a primeira vez que na súa carreira estivo varios meses sen entrar: "En Santander hai uns anos tamén me pasou. Lévoo con naturalidade. Podía estar máis contento se tivese minutos pero seguín adestrando duro todas as semanas ata que me chegou a oportunidade a semana pasada en Teruel e esta semana en ABANCA-RIAZOR. O noso deber é adestrar todos os días a tope para cando o míster o decida poder render no campo".

Recoñece que "son momentos difíciles. Vasche á túa casa e pensas porqué non xogas. Hai días que che vén o baixón. Como eu hai outros tantos do equipo que están na mesma situación que eu. Entre todos apoiámonos e axudámonos uns a outros que é o verdadeiramente importante".

Ademais, apunta o futbolista asturiano que sofre "máis desde fóra que desde dentro. Eu o vivo moito. O importante é conseguir a vitoria xogue quen xogue ou meta quen meta".

Desvela que, após un partido nesta temporada no que acabou con bágoas, "son unha persoa que o sinto todo moito. Nese momento metéronnos gol no 90. Facía pouco en Fuenlabrada remontárannos. Sentín un pouco culpable. Foi nese momento. Non era nada psicolóxico. Só fodeume nese momento perder puntos".

Tamén indica que tivo un par de charlas con Imanol Idiakez: "Sempre tiven moi boa relación con el. Non houbo nunca ningún problema. Outra cousa é que che poña ou non. Iso é totalmente futbolístico. Díxome que seguise adestrando así, que era de admirar o resto do equipo que non estaba a xogar; que seguísemos apertando porque era moi importante para o equipo, para que seguísemos ao 100%".

Finalmente Berto Cayarga admite que a chegada de Joaquín Sorribas, responsable da área conductual e motivacional do RC Deportivo, "veunos moi ben. Houbo moitos compañeiros aos que axudou. Está todos os días encima noso para que esteamos focalizados e centrados no verdadeiramente importante".