RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Berto Cayarga visitou a Escola RC Deportivo Colegio Jesuitinas

Coa reanudació das clases, as Escolas RC Deportivo volveron á acción. Esta semana, Berto Cayarga, como xa fixeran no mes de decembro outros xogadores do primeiro cadro do Dépor, visitou unha delas. Esta vez foi a quenda para a Escola RCD Deportivo Colexio Jesuitinas. O xogador asturiano acudiu a visitar aos alumnos da actividade, cos que compartiu unha agradable charla, onde aproveitou para responder as súas preguntas, fotografarse con eles e asinar autografos. 

As inscricións das Escolas RCD atópanse permanentemente abertas. Calquera persoa que estea interesada pode consultar toda a información e realizar o proceso de inscrición na web http://escola.rcdeportivo.es/

Do mesmo xeito, calquera centro ou club interesado na apertura dunha nova sede, así como calquera dúbida ou incidencia coa súa inscrición, poden contactar directamente coa organización no email escola@rcdeportivo.es