Betis 0 - Deportivo 3<br>Dous goles de Tristán e outro de Valerón
O Deportivo realizou un gran partido en Sevilla e levouse o tres puntos o que lle garante un posto en Liga de Campións para a tempada que vén.
Tras uns primeiros minutos de dominio bético o Deportivo fué atopando o seu sitio no campo e no minuto 18 adiantaríase no marcador. Sergio entre liñas mete un gran pase para Valerón que aínda que nunha boa posición para disparar asiste a Tristán que marca o primeiro gol. Minutos despois Romeu tiña que entrar no campo substituíndo a Djorovic lesionado e posteriormente Víctor, no minuto 30, doíase dunha dura entrada e tiña que saír do campo entrando Makaay no seu lugar. Ao descanso chegábase co marcador parcial de 0 a 1.
Na segunda parte o Deportivo mellorou no seu xogo e comezou a tocar o balón con fluidez. No minuto 58 da segunda parte, balón recuperado en defensa que pon en xogo Mauro e Romeu á banda esquerda para Fran que fai a parede con Valerón. O capitán centra ao momento de penalti e de cabeza Tristán marca o segundo.
Sen tempo a gozar do segundo gol, no minuto 60, chegaría o terceiro do Deportivo. Nesta ocasión Valerón recibía na área, regateaba ao porteiro e subía o terceiro ao marcador. A partir dese momento o equipo dedicouse a controlar o esférico e esperar a finalización do partido.
Polo Deportivo saíron de inicio: Molina, Scaloni, César, Djorovic, Capdevila, Sergio, Mauro Silva, Víctor, Valerón, Fran e Diego Tristán. A aliñación inicial do Betis: Gaspercic, Tais, Juanito, Rivas, Luís Fernández; Joaquín, Ito, Canas, Denilson, Capi, e Joao Tomás.