A primeira saída do Deportivo na liga 1999-2000 é ao terreo de xogo do Real Betis Balompé, un dos equipos que non estiveron á altura do esperado na tempada pasada, pero que se presenta novamente como un dos conxuntos fortes á hora de falar dos primeiros
Os béticos reforzáronse pouco esta tempada. O máis sobresaliente foi a fichaxe do eslovaco Karhan, un xogador de calidade que sorprendeu na pretemporada. Tamén chegou como reforzo o onubense Bornes. As súas figuras continúan sendo Denilson, Finidi e Alfonso, homes que por si mesmos poden desequilibrar calquera partido.
Despois do fracaso da pasada tempada, e co persoal que teñen os verdibrancos, este equipo está obrigado a ocupar os primeiros postos da clasificación xeral desde as primeiras xornadas. Pola contra, o seu presidente, Ruiz de Lopera, podería empezar a "facer rodar cabezas", empezando pola do seu novo adestrador, o arxentino Carlos Griguol, cuxo mellor signo de distinción é a gorrita que leva acotío.