RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Boa acollida no primeiro día de renovación de Abonos e subscrición de Accións

Esta mañá abriu as portas ao público a nova Oficina de Atención ao Socio do Deportivo da Coruña no primeiro día da Campaña de Abonados 2004 -2005 e na posta en marcha da Ampliación de Capital Social da entidade. A gran expectación, a afluencia constante d


A nova Oficina está na zona dos Palcos VIP do Estadio de Riazor (o acceso é pola Avenida da Habana, na bancada de Preferencia, entre as portas 15 e 16 do Estadio) e funciona en horario ininterrompido de 9:30 a 20:00 horas. Aquí, ademais de renovar o abono de tempada ou darse de alta como socio, os afeccionados poderán recibir toda a información que necesiten sobre a adquisición de accións e adquirir as que desexe ben en man ou ben mediante crédito coas entidades colaboradoras.


Ademais, para facilitar os trámites a aqueles que desexen adquirir accións do Deportivo recorrendo a un crédito bancario, as entidades colaboradoras han habilitado as súas propias oficinas na mesma zona dos Palcos VIP do Estadio. Así, Banco Galego, Caixa Galicia e Caixanova teñen o seu persoal a disposición do accionista que queira tramitar alí mesmo a compra sen acudir a outra oficina da rede das entidades financeiras.


Así mesmo, os afeccionados que simplemente desexen renovar o seu abono anual sen desprazarse, poden facelo no 902 43 44 43, coa posibilidade de recollelo en calquera oficina das máis de 700 que Caixa Galicia ten. A operadora solicitaralles os datos do carné a renovar e os do cartón bancario para efectuar o pago, de forma rápida, cómoda e sinxela.