RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Boimorto, Cambre e Vedra de visita nas instalacións do Deportivo

Os nenos do Campus da Deputación dos Concellos de Boimorto, Cambre e Vedra visitaron esta mañá a cidade herculina e as instalacións da Praia Club e do Estadio. Os mozos mostráronse encantados coa excursión e na foto pousan no banco de Riazor.

Continúa aberto o prazo de inscrición para o cuarto e quinta quenda do campus de futbol do Deportivo. Onte terminou o prazo para inscribirse na quenda que comeza o vindeiro luns. Os interesados deben dirixirse ás oficinas do Deportivo sitas na Praza de Pontevedra 19 1º da Coruña.

Os prezos de inscrición son 81 euros para o público. Os socios ou accionistas do club ou ben fillos de socios ou accionistas pagarán 75 euros. Estas dúas tarifas son para nenos e nenas en réxime de externado. A maiores, se os nenos necesitan transporte, deben pagar un suplemento de 15 euros.

Tamén o Campus do Deportivo ten previsto réxime de mediapensión e internado. Os mediopensionistas socios ou accionistas ou ben fillos de socios ou accionistas do Deportivo deben pagar 230 euros. 250 euros para o público en xeral. O transporte tamén ten o suplemento adicional de 15 euros. A comida sempre será nas dependencias da Universidade Laboral, en Acea de Ama (Culleredo).

Por fin, os que desexen incorporarse en réxime de internado, teñen estas tarifas:
Socios ou accionistas ou ben fillos de socios ou accionistas: 365 euros
Público en xeral: 385 euros

Neste caso, a recepción dos nenos será o domingo anterior ao comezo da quenda, ás 18.30 en Acea de Ama. A saída será o sábado seguinte, ás 16 horas.

O réxime de mediapensión e internado só será posible para nenos e nenas de 10 a 12 anos. Para o de externado, con horario de 10 a 14.30 horas, pódense apuntar nenos e nenas entre 6 e 14 anos.

Os nenos poden repetir nas quendas seguintes as veces que o desexen.