RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Bonita xornada en Oleiros de fútbol 8 e convivencia protagonizada por Dépor Genuine, Racing de Ferrol e DIFUNGA

Dépor Genuine, Racing de Ferrol e DIFUNGA protagonizaron unha bonita mañá no campo municipal Nano García en Oleiros no que se uniron deporte e convivencia, co motivo da 3ª xornada do campeonato galego na zona norte.

O primeiro rival deportivista foi o DIFUNGA, ao que derrotaron (5-0) con goles de Dani Granell, Álex Rei, Ton -2- e Javier.

A continuación víronse as caras o Dépor Genuine e o Racing de Ferrol A, con triunfo (4-1) tamén branquiazul con goles de Miguel -2-, David e Ton.

Con estes resultados, o Dépor Genuine proclamouse campión da zona norte de fútbol 8 adaptado.

O conxunto deportivista conta co apoio, unha temporada máis, de Duacode e Vales & Asociados, ademais de QuirónSalud.