RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Brais Suárez súmase á lista de canteiráns que tamén ampliaron o seu contrato co Dépor

Brais Suárez Corral (A Coruña, 2 de maio de 2003) seguirá defendendo as cores do Dépor até xuño de 2026, con opción a dúas temporadas máis xa co primeiro equipo.

O meta coruñés, titular neste tramo da liga co Fabril en Segunda Federación, chegou ao Benxamín B do Dépor na temporada 2011-12.

Após pasar por todas as categorías de Abegondo, formou parte daquel Xuvenil A histórico campión de España na temporada 2020-21 e na temporada seguinte representante español na UEFA Youth League, competición na que o Club asombrou a toda Europa nos seus partidos en ABANCA-RIAZOR.

Brais Suárez únese á lista de canteiráns que ampliaron nestes meses a súa vinculación co Dépor como Dani Barcia, Kevin Sánchez, David Mella, Elena Vázquez ou Lucía Rivas.