#ANOSACANTEIRA viviu unha intensa fin de semana de torneos amigables.
Hoxe domingo concluíron varias competicións en España e Francia con representación deportivista.
O San Tirso SD Cadete (na foto principal da noticia) proclamouse campión da XII edición do Trofeo San Bernabé en Cantabria ao imporse na final (3-0) ao Real Valladolid.
Así mesmo, o San Tirso SD Infantil, que a pasada fin de semana adxudicouse en Tánxer (Marrocos) a IBN Battuta Cup 2023, venceu no Tournoi International de Guerlédan na modalidade de fútbol 7, competición disputada na Bretaña (Francia).
En Carballo, o Alevín A acabou nunha brillante terceira praza no Torneo Internacional Cidade de Carballo; mentres que en Azpeitia (Gipuzkoa), o Fabril FC Alevín quedou apeado do torneo na Fase de Copa.
Ademais, en Portugal, o Benxamín A concluíu a Coura Cup no máis alto do podio; e o Fabril FC Benxamín foi cuarto clasificado da Revolution Cup, na localidade de Arcos de Valdevez.
Onte sábado, o Cadete proclamouse campión do torneo que se xogou no campo da Pelada en Vilagarcía ao derrotar (3-0) na final ao RC Celta.
E en Paredes de Coura, o Fabril FC Benxamín colgouse a medalla de bronce da Coura Cup 2023. Só o FC Porto, e na quenda de penaltis das semifinais, foi capaz de dobregar aos fabrilistas.
A maiores, en tres finais houbo representación de #ANOSACANTEIRA esta semana:
O pasado xoves, o Orzán SD Xuvenil Feminino disputou en ABANCA-RIAZOR ante o Victoria CF B a I edición da Copa da Coruña Feminina. O título foi para as orzanistas, que gañaron (2-0) con xustiza grazas tamén ao acerto goleador da internacional Lucía Rivas, autora das dúas dianas.
O martes nas Eiroas (Carballo), o Alevín caeu (0-2) co RC Celta na gran final da XIII edición do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.
E no campo da Marola (Mera), o Fabril FC Benxamín, que a pasada fin de semana proclamouse en Polonia subcampión da VII edición da International Steel Cup, perdeu (2-3) co Victoria CF na final do Torneo Delegación e colgouse a medalla de prata.
Finalmente, a orzanista Emma Gandoy proclamouse coa selección galega sub-15 campioa da Fase Prata de Seleccións Autonómicas ao vencer na final (0-3) en Huelva á Comunidade Valenciana. Nas semifinais do venres, o rival de Galicia foi Castela A Mancha nun partido que acabou en empate (1-1) e que se decidiu para as galegas na quenda de penaltis: 4-2. Emma Gandoy foi titular nos dous partidos da selección autonómica.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Categoría feminina
I edición da Copa da Coruña, final (xoves 8): ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 2 (Lucía Rivas -2-) - VICTORIA CF B 0
Categoría cadete
Torneo Cadete, no campo da Pelada (Faxilde, Vilagarcía)
Sábado 10 de xuño
Primeira Fase
EFM CONCELLO DE BOIRO 0 - CADETE 1 (Rubén). A penaltis: 4-5
CADETE 0 - CORUXO FC 0. A penaltis: 5-5
Semifinais
CADETE 3 (Iván, Daniel e Xián) - CD CONXO SANTIAGO 0
Final
CADETE 3 (Nico, Samuel e Rubén) - RC CELTA 0
XII Torneo San Bernabé, en Cantabria
Primeira Fase
Venres 9 de xuño
SAN TIRSO SD CADETE 7 (Lucas -2- e Miguel de Labra -5-) - LA SALLE 0
Sábado 10 de xuño
SAN TIRSO SD CADETE 4 (Xavi Campos, Mosquera, Frank e Álvaro Rioboo) - UNIÓN SPORT 0
SAN TIRSO SD CADETE 2 (Hugo Carballeira e Mosquera) - BANSANDER 0
Domingo 11 de xuño
Oitavos de final
SAN TIRSO SD CADETE 3 (Álvaro Rioboo e Miguel de Labra -2-) - CD TUDELANO 0
Cuartos de final
SAN TIRSO SD CADETE 1 (Álvaro Rioboo) - SPORTING DE GIJÓN 0
Semifinais
SAN TIRSO SD CADETE 2 (Hugo Carballeira e Miguel de Labra) - SALAMANCA CF UDS 0
Final
SAN TIRSO SD CADETE 3 (Balbas, Miguel de Labra e Xoel) - REAL VALLADOLID 0
Categoría infantil
XIX edición do Tournoi International de Guerlédan (Francia) en fútbol 7
Primeira Fase, en Merdrignac (campo de L'Art deas Choix)
Sábado 10 de xuño
SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Sergio Cortizo -3- e Daniel) - ROCHEFORT FC 0
SELECTION DU POHER 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 5 (Nikolay, Sergio Cortizo, Roi, Raúl e Daniel)
SAN TIRSO SD INFANTIL 5 (Sergio Cortizo -3- e Raúl -2-) - CS MERDRIGNAC 0
SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Nikolay e Guille) - SAINT SEBASTIEN FC 1
FC MASSY 2 - SAN TIRSO SD INFANTIL 0
FC LORIENT 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Nikolay e Daniel)
SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Iago Varela) - US CHANGE 0
Fase Prestige
SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Nikolay, Iago Varela e Sergio Cortizo) - QUEVILLE ROUEN METROPOLE 0
SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - SA SAUTRON 0
SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Nikolay, Raúl e Sergio Cortizo) - ANXO NDC FOOTBALL 0
Oitavos de final
SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Raúl) - AS ROMILLÉ 0
Cuartos de final
SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Roi) - DOPIEWO 0
Semifinal
SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Nikolay, Sergio Cortizo, Raúl e Antón Caamaño) - PARIS ELITE ACADEMIE 0
Final
SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Sergio Cortizo) - NIMES OLYMPIQUES 0
Categoría alevín
XIII edición do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, final (martes 6): ALEVÍN 0 - RC CELTA 2
Torneo Internacional Concello de Carballo, nas Eiroas (Carballo)
Primeira Fase
Venres 9 de xuño
PABELLÓN OURENSE CF 2 - ALEVÍN A 2 (Antón Vilariño e Thiago Montes)
ALEVÍN A 1 (Adrián Fernández) - REAL MADRID 4
Sábado 10 de xuño
ED XUVENTUDE DE OROSO 0 - ALEVÍN A 2 (Thiago Montes e Mario González)
ALEVÍN A 2 (Mario González e Íker Obeso) - ED LUÍS CALVO 1
FC PORTO 0 - ALEVÍN A 1 (Daniel Alonso)
ALEVÍN A 2 (Thiago Montes e Daniel Alonso) - ATHLETIC CLUB 0
RC CELTA 3 - ALEVÍN A 0
Domingo 11 de xuño
ALEVÍN A 3 (Thiago Montes, Íker Obeso e Yael López) - CD LUGO 1
Semifinais
ALEVÍN A 0 - REAL MADRID CF 4
Terceiro e cuarto posto
ALEVÍN A 2 (Thiago Montes e Mateo Varela) - RC CELTA 2. A penaltis: 3-2
Azpeitia Cup 2023, en Azpeitia (Gipuzkoa)
Primeira Fase
Venres 9 de xuño
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Manu Sande) - UNIU FB JÀBAC TERRASA 0
Sábado 10 de xuño
FABRIL FC ALEVÍN 0 - ELCE CF 2
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Nacho Villanueva e David Gómez) - CD SANSE 3
REAL MADRID 1 - FABRIL FC ALEVÍN 0
ALOÑA MENDI KE 0 - FABRIL FC ALEVÍN 2 (Jorge Fernández)
Domingo 11 de xuño
Fase de Copa
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Nacho Villanueva) - BANSANDER 1
FABRIL FC ALEVÍN 0 - CD PARQUESOL 0

Categoría benxamín
Coura Cup 2023, en Paredes de Coura (Portugal)
Domingo 11 de xuño
Primeira Fase
SC COURENSE 0 - BENXAMÍN A 8 (Miguel Candal -2-, Hugo Bujía -2-, Mateo Carballeira, Leo, Xiao Fontao e Thiago López)
EF BENFICA CHAFÉ 1 - BENXAMÍN A 3 (Alejandro Astray -3-)
BENXAMÍN A 6 (Thiago López -4-, Miguel Candal e Hugo Quintela) - DESPORTIVO DE RONFE 0
BENXAMÍN A 12 (Alejandro Astray -4-, Miguel Candal -2-, Thiago López, Javi Meiriño, Hugo Bujía, Mateo Carballeira, Xiao Fontao e Pablo Márquez) - VARZIM 0
Cuartos de final
BENXAMÍN A 8 (Alejandro Astray -2-, Miguel Candal, Hugo Quintela, Leo, Hugo Bujía, Mateo Carballeira e Bruno Abelenda) - PORTO DE AVE 0
Semifinal
BENXAMÍN A 3 (Alejandro Astray -2- e Miguel Candal) - VITORIA SC 1
Final
BENXAMÍN A 1 (Hugo Bujía) - FC PORTO 0
Torneo Delegación, final (martes 6): FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Andrés Valencia e Mateo Cardelle) - VICTORIA CF 3
Coura Cup 2023, en Paredes de Coura (Portugal)
Sábado 10 de xuño
Primeira fase (campo 2)
ACADÉMICA SPORTING ESMORIZ 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 9 (Alberto Novo -3-, Adrián Liñares -2-, Raúl González, Mateo Cardelle, Leo Lorenzo e Andrés Valencia)
FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Raúl González, Leo Lorenzo, Mateo Cardelle e Breogán Díaz) - CELTA ACADEMY BRAGA 0
FABRIL FC BENXAMÍN 7 (Leo Lorenzo -2-, Alberto Novo, Breogán Díaz, Mateo Songo'o, Andrés Valencia e Raúl González) - OS AFONSINHOS - DIDAXIS 1
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Alberto Novo e Álex Casado) - SC BRAGA 2
OS COKINHAS 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Raúl González -3-, Leo Lorenzo -2-, Mateo Cardelle, Diego Castelo e Alberto Novo)
Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 7 (Alberto Novo -2-, Raúl González -2-, Mateo Songo'o, Breogán Díaz e Leo Lorenzo) - AD FAFE 1
Semifinais
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Mateo Songo'o) - FC PORTO 1. A penaltis: 2-3
Terceiro e cuarto posto
FABRIL FC BENXAMÍN 12 (Raúl González -4-, Adrián Liñares -3-, Leo Lorenzo -3- e Diego Castelo -2-) - OS AFONSINHOS - DIDAXIS 0
Revolution Cup, en Arcos de Valdevez (Portugal)
Domingo 11 de xuño
Primeira Fase
ATLÉTICO DOUS ARCOS 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Enzo Fernández -2-, Alberto Novo -2-, Mateo Songo'o e Leo Lorenzo)
FABRIL FC BENXAMÍN 7 (Raúl González -2-, Leo Lorenzo, Enzo Fernández, Adrián Liñares, Andrés Valencia e Mateo Songo'o) - CD NACIONAL 0
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Breogán Díaz) - CF PORTO 3
FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Raúl González, Adrián Liñares, Diego Castelo, Leo Lorenzo e Andrés Valencia) - SANTIAGO MASCOTELOS FC 0
Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Enzo Fernández) - SC BRAGA 1. A penaltis: 3-2
Semifinais
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Alberto Novo) - VITÓRIA SC 2
Terceiro e cuarto posto
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Mateo Songo'o -2- e Andrés Valencia) - FC PORTO 3. A penaltis: 1-3