RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FUNDACIÓN

Brillante participación do Dépor Genuine na MS2 Cup en Vigo

O Dépor Genuine, despois de pechar a súa participación en LaLiga Genuine, continuou coa súa actividade coa disputa da MS2 Cup en Vigo.

O conxunto branquiazul enfrontouse ao Celta Integra nas instalacións olívicas da Madroa. O resultado favoreceu aos célticos (3-1). O único tanto deportivista foi obra de Miguel.

Os 16 convocados para esta cita foron Chema, Víctor, Daniel, Gabriel Cives, Senén, Álex Rey, Mamadou, Andrés, Alejandro Lugrís, Nuria, Ton, Alejandro Gómez, Anxo, David Miranda, Alberto e Miguel.

Despois do partido, Dépor Genuine e Celta Integra celebraron unha comida de confraternización.

Antes desta cita en Vigo, concretamente o pasado xoves, o conxunto branquiazul celebrou un partido inclusivo no polideportivo do colexio Peñarredonda, no que os membros do Dépor Genuine mesturáronse con alumnos de bacharelato do centro educativo.