RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Brillante Trofeo Teide para un Dépor ABANCA que goleou ao Costa Adeje Tenerife

O Dépor ABANCA conquistou con brillantez a 53 edición do Trofeo Teide ao golear por 0-4 ao Costa Adeje Tenerife de Liga F.

Esta semana incorporáronse as internacionais que disputaron a última edición da Copa América: Michi Apóstol e Espe Pizarro.

Por contra, foron baixa por lesión Millene Cabral e Vera Martínez.

O equipo de Fran Alonso chegaba ao encontro após conquistar brillantemente a 13ª edición do Trofeo Teresa Herrera en ABANCA-RIAZOR ante o SC Braga por 2-0.

Ademais, As Nosas empataron co Sporting CP (1-1), golearon ao SC Braga (0-4) e caeron pola mínima (3-2) ante o Athletic Club nun partido de poder a poder.

Pola súa banda, a Costa Adeje Tenerife, que a temporada pasada acabou en 6ª posición de Liga F, presentouse á cita após golear (6-0) ao CD Argual de Segunda Federación.

O encontro comezou igualado, con dous equipos coidando moito non cometer erros.

O primeiro disparo foi tinerfeño. Aos 2 minutos, Iratxe disparou raso e sacou Merle Barth co pé na área pequena.

Os minutos pasaban sen apenas ocasións de gol en ambas as áreas.

No entanto, Marisa exhibe as súas condicións e adiantou ao Dépor ABANCA ao cabecear á rede un centro de falta lateral de Elena. Imparable para a porteira Sara Niz.

Faltaba un minuto para o descanso no que se pode definir como un gol psicolóxico.

Nada máis arrincar a segunda metade, nun córner ensaiado, Elena mete un balón na área pequena que Barth empuxa á rede ante a indecisión da zaga e porteira tinerfeña.

Pouco despois, Marisa deixaba sentenciado o Trofeo Teide. Recolle un balón na frontal da área, revólvese e coloca o balón na rede pegado ao pau esquerdo da meta da Costa Adeje Tenerife.

A pesar do resultado, As Nosas seguiron coa súa presión alta, co que a Costa Adeje Tenerife apenas inquietou a meta deportivista.

Fran Alonso refrescou ao equipo con Inês Pereira, Olaya, Monteagudo, Samara, Paula Gutiérrez e a debutante Espe Pizarro.

Pola súa banda, as tinerfeñas saltaran á segunda metade con 10 futbolistas novas ademais da porteira Sara Niz coa que acabou a primeira metade.

A única ocasión de perigo canaria foi unha contra propiciada por unha imprecisión defensiva deportivista. Inês Pereira adiantouse ben a Mari Jose para evitar o seu remate. Corría o minuto 73.

O balón era do Dépor ABANCA ante un rival inferior tamén fisicamente.

Mari Jose, a futbolista máis perigosa da Costa Adeje, tentouno de novo no 75. A gardameta branquiazul respondeu con firmeza desviando o seu tiro raso.

Cunha cabezada de Mari Estella ao traveseiro no minuto 83 acabáronse as opcións de acurtar diferenzas da Costa Adeje Tenerife.

E Ainhoa Marín selou a goleada cunha brillante acción individual que resolveu ben ante Noelia Ramos.

Costa Adeje Tenerife: Nay Cáceres (Sara Niz, min. 30 e Noelia Ramos, min. 61), S. Ouzraoui (Cinta R., min. 46), Amani (Paola H.D., min. 46), Castelló (Aleksandra, min. 46), Clau Blanco (N. Ramos, min. 46), Iratxe (Bicho, min. 46), Patri Gavira, Fatou (Mari Jose, min. 46), Jenni López (Elba, min. 46), Martín (Estella, min. 46) e Yaretzi (A. Méndez, min. 46)

Deportivo ABANCA: Yohana (Inês Pereira, min. 59), Henar (Raquel García, min. 70), Marina Artero, Ainhoa Marín, Marisa (Olaya, min. 59), Bárbara (Espe Pizarro, min. 59), Elena (Lucía Martínez, min. 70), Barth ( Eva Dios, min. 70), Cavanagh (Monteagudo, min. 59), Paula Novo (Samara, min. 59) e Redru (Paula Gutiérrez, min. 59)

Árbitro: Javier Stevie Prado Saavedra, do comité canario

Goles: 0-1 Marisa (min. 43); 0-2 Barth (min. 48); 0-3 Marisa (min. 51); 0-4 Ainhoa Marín (min. 85)

Incidencias: partido disputado no Estadio Los Cuartos de La Orotava