Frenética actividade en ANOSACANTEIRA con avalancha de partidos amigables mañá sábado 17 de agosto.
Así, o Fabril recibe en Abegondo (a porta pechada) ao CD Arenteiro de Primera Federación.
Os fabrilistas incorporaron a dous internacionais cameruneses sub-20, un central (Fadil) e un dianteiro (Bil), con experiencia na máxima categoría do seu país.
O conxunto de Óscar Gilsanz vén de perder en Betanzos (1-0) no Trofeo San Roque.
Os convocados para mañá son os seguintes: Alberto, Hugo Ríos, Mardones, Kike Teijo, Marotías, Vilela, Aarón Sanchez, Fadil, Íker Vidal, Pablo Parada, Carreira, Garrido, Noé, Alfaro, Dani Estévez, Dylan, Delgado, Luisao, Hugo Villaverde, Domínguez, Kevin Sánchez, Guerrero, Bil e Ovidio.
Ás 19:00, o Dépor ABANCA B enfróntase co rival do primeiro equipo feminino deportivista na Copa de la Reina, o Atlético Villalonga FF. O choque será no Novo San Pedro de Vilalonga.
O filial feminino caeu (2-0) co Real Avilés CF de Segunda Federación no seu primeiro partido de pretemporada.
Óscar Orro leva a estas xogadoras: Martina Rivas, Vázquez, Paula Monteagudo, Laura Ruiz, Laura Otero e Laura Santos; ademais de Amnah Youssaf, Antía Brage, Paula Martínez, Ivana Fernández, Iria Otero, Candela Fernández, Yanis Citoula e Dunia Dahmouni (xuvenís do Orzán SD); e Antía Veiga e Daniela Macedo (cadetes do Orzán SD).
A próxima semana, concretamente o martes 20 de agosto ás 18:30, o Dépor ABANCA B enfrontarase en Mareo ao Sporting de Gijón nun novo amigable.
Finalmente tamén mañá sábado o Xuvenil B estará no Memorial Abel e Álex en Chantada, o Cadete no Memorial Jacobo Díaz en Monforte e o San Tirso SD Cadete en Cospeito ante o Racing Villalbés.
Para o domingo 18 queda a Sinde's Cup en Narón para o Xuvenil A, co Racing de Ferrol como rival dos de Manuel Pablo en semifinais (10:30).
Esta semana 4 novos equipos engadíronse aos adestramentos: Infantil e San Tirso SD Infantil, ambos na División de Honra; Orzán SD sub-21 Femenino; e Orzán SD Xuvenil Femenino.
O intenso calendario abrírono o pasado mércores dous partidos:
-Pola mañá, o Xuvenil B venceu (2-1) ao CD Conxo Santiago no seu segundo choque desta pretemporada após o triunfo a pasada fin de semana (1-4) ante o Bertamiráns FC de Primera Futgal.
-E pola tarde, o Cadete de División de Honra (na foto da noticia) saldou con triunfo (5-1) o seu primeiro amigable do verán ante o CD Calasanz.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría feminina
ATLÉTICO VILLALONGA FF - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 17 de agosto ás 19:00 no Novo San Pedro (Vilalonga)
Segunda Federación
Trofeo San Roque, onte xoves: BETANZOS CF 1 - FABRIL 0
FABRIL - CD ARENTEIRO, o sábado 17 de agosto ás 11:30 en Abegondo (porta pechada)
Categoría xuvenil
Sinde's Cup no campo de Sinde (Narón)
Domingo 18 de agosto
Semifinal
10:30: XUVENIL A - RACING DE FERROL
O perdedor xogará o terceiro e cuarto posto ás 17:30 e o gañador a final ás 19:00
Mércores 14: XUVENIL B 2 (Miguel de Labra e Ander) - CD CONXO SANTIAGO 1
I Memorial Abel e Álex no campo de Sangoñedo (Chantada)
Sábado 17 de agosto
Semifinal
18:15: XUVENIL B - CD LUGO
O perdedor xogará o terceiro e cuarto posto ás 19:15 e o gañador a final ás 20:15
Categoría cadete
Mércores 14: CADETE 5 (Gael -2- Nico, Roi e Héctor) - CD CALASANZ (xuvenil) 1
Memorial Jacobo Díaz na Pingüela (Monforte)
Sábado 17 de agosto
Semifinal
17:15: CP CALASANCIO - CADETE
O perdedor xogará o terceiro e cuarto posto ás 19:15 e o gañador a final ás 20:15
RACING VILLALBÉS - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 17 de agosto ás 11:30 no campo de A Fonte (Cospeito)
