RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario da fin de semana, co Fabril mañá sábado en Vilalba ante o Racing Vilalbés

Un total de 5 partidos amigables dispútanse esta fin de semana en ANOSACANTEIRA.

Despois do triunfo ante o CD Estradense do pasado mércores en Abegondo (4-0), o Fabril visita mañá sábado 9 de agosto ás 11:00 ao Racing Villalbés na Magdalena. 

Até a data, os pupilos de Óscar Gilsanz, ademais da o CD Estradense, gañaron ao Silva SD (1-0) e ao Bergantiños CF (1-0) en Abegondo; e ao Atlético Arteixo en Ponte dos Brozos (0-3). A única derrota foi en Vilalba ante o CD Lugo de Primera Federación (3-0). 

Os convocados son os seguintes: Rodrigo, Hugo Ríos, Samu, Kike Teijo, Marotias, Vilela, Hugo Torres, Iker Vidal, Carreira, Garrido, Noé, Alfaro, Dani Estevez, Dylan, Álex Delgado, Najera, Javi, Luisao e Domínguez.

Tamén mañá sábado ás 19:00 o Xuvenil A enfróntase en Guitiriz ao Polvorín FC de Tercera RFEF e o Xuvenil B estréase nesta pretemporada en Bertamiráns.

Para os de Manuel Pablo son o segundo partido de pretemporada despois do empate (4-4) do pasado sábado ante o Dubra SD de Preferente Autonómica.

O domingo 10 de agosto a quenda é para o Deportivo ABANCA B, que se mide en Asturias ao Real Avilés CF ás 18:00.

Ademais, dous novos equipos arrincaron a pretemporada o pasado martes: o Cadete e o San Tirso SD Cadete (na foto da noticia), que disputa desde mañá sábado en Portugal a XVI edición do Torneo Internacional Iniciados.

Finalmente, o Fabril FC Benxamín pelexará en ABANCA-RIAZOR mañá sábado 10 de agosto ás 10:30 (metade do campo de Pavillón) co Victoria CF polo Mini Teresa Herrera de categoría benjamín.

O calendario de amigables, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
REAL AVILÉS - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 11 de agosto ás 18:00 en Barcia (Valdés, Asturias)

Segunda Federación
Mércores 7 de agosto: FABRIL 4 (Guerrero -2-, Dani Estévez e Dylan)- CD ESTRADENSE 0
RACING VILLALBÉS - FABRIL, o sábado 10 de agosto ás 11:00 na Magdalena (Vilalba)

Categoría xuvenil
POLVORÍN FC (Tercera Federación) - XUVENIL A, o sábado 10 de agosto ás 19:00 en Guitiriz
BERTAMIRÁNS FC (Primera FutGal) - XUVENIL B, o sábado 10 de agosto ás 19:00 no Municipal de Bertamiráns

Categoría cadete
XVI Torneo Internacional Iniciados en Abrantes (Portugal)
Primera Fase
Sábado 10 de agosto
11:00: SC BRAGA - SAN TIRSO SD CADETE
20:00: SAN TIRSO SD CADETE - SPORTING CP
O primeiro de grupo xogará a final; o segundo pelexará polo terceiro e cuarto posto; e o terceiro disputará un partido pola quinta e sexta praza

Categoría benxamín
Mini Trofeo Teresa Herrera, final: FABRIL FC BENXAMÍN - VICTORIA CF, o sábado 10 de agosto ás 10:30 en ABANCA-RIAZOR (metade do campo da bancada de Pavillón)