A visita do Pontevedra CF, líder da Segunda Federación, ao Fabril, o domingo 2 de febreiro ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) é o partido máis interesante do fín de semana en ANOSACANTEIRA.
Os de Manuel Pablo veñen dunha fin de semana sen fútbol posto que o encontro ante a SD Compostela do pasado domingo foi suspendido polo temporal.
O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes de ABANCA-RIAZOR para o partido.
Poden retirar entradas, en principio para Tribuna Inferior, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.
Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.
Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.
Antes, o sábado 1 de febreiro, ademais dos alevíns e benjamines, xoga o Cadete en Abegondo ante o UD Santa Mariña (11:30) e o San Tirso SD Infantil no Monte fronte ao CD Lugo (11:15).
Fóra de casa o San Tirso SD Cadete visita ao UD Ourense (12:30 en Coles) e o Infantil, ao Arosa SC (11:30 en Meis).
Completa a xornada dominical a visita do Xuvenil A á SD Compostela ás 16:00 en Santa Isabel.
Os branquiazuis (na foto da noticia) veñen de caer inxustamente en Copa del Rey (1-0) en Lezama ante o Athletic Club.
Pecha o calendario o choque do Xuvenil B en Abegondo (11:15) ante o CVC Valladares de Vigo correspondente á Liga Nacional.
O calendario de partidos é o seguinte:
Segunda Federación
21ª xornada: FABRIL - PONTEVEDRA CF, o domingo 2 de febreiro ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR
Clasificación: 1. Pontevedra CF, 43 puntos... 6. Real Valladolid Promesas, 29 puntos; 7. Marino de Luanco e UP Langreo, 28 puntos; 9. Fabril (un partido menos), 27 puntos; 10. Rayo Cantabria e Coruxo FC, 25 puntos; 12. Bergantiños CF, 24 puntos...
Categoría xuvenil
19ª xornada: SD COMPOSTELA - XUVENIL A, o domingo 2 de febreiro ás 16:00 en Santa Isabel
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 46 puntos; 2. RC Celta (un partido menos), 45 puntos; 3. Sporting de Gijón, 36 puntos... 9. SD Compostela, 21 puntos...
19ª xornada: XUVENIL B - CVC VALLADARES, o domingo 2 de febreiro ás 11:15 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 46 puntos; 2. Xuvenil B (un partido menos), 40 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 37 puntos...
Categoría cadete
19ª xornada: CADETE - UD SANTA MARIÑA, o sábado 1 de febreiro ás 11:30 en Abegondo (campo de céspede artificial)
19ª xornada: UD OURENSE - SAN TIRSO SD CADETE, o domingo 2 de febreiro ás 12:30 no campo de Albán (Coles, Ourense)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 54 puntos; 2. Cadete, 49 puntos; 3. Arosa SC e ED Val Miñor Nigrán, 36 puntos; 5. Pabellón Ourense CF, San Tirso SD Cadete e SD Compostela, 31 puntos; 8. Ural Español CF e CD Areosa, 26 puntos... 12. UD Santa Mariña (un partido menos), 20 puntos... 18. UD Ourense, 7 puntos
Categoría infantil
17ª xornada: AROSA SC - INFANTIL, o sábado 1 de febreiro ás 11:30 no campo de Zacande (Meis)
17ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - CD LUGO, o sábado 1 de febreiro ás 11:15 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 46 puntos; 2. RC Celta, 45 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 35 puntos... 5. ED Val Miñor Nigrán, 29 puntos; 6. San Tirso SD Infantil, 27 puntos; 7. AJ Lérez, CD Lugo e CD Conxo Santiago, 22 puntos... 11. Arosa SC, 17 puntos...
Categoría alevín
13ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - ALEVÍN A, o sábado 1 de febreiro ás 9:30 na Torre (campo 2.1)
13ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - CD CALASANZ, o sábado 1 de febreiro ás 9:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Alevín A, 33 puntos; 2. Ural Español CF (un partido menos), 27 puntos; 3. CD Calasanz (un partido menos), 22 puntos; 4. Victoria CF, 19 puntos; 5. Fabril FC Alevín, 17 puntos; 6. Atlético Coruña Montañeros CF, 13 puntos...
Categoría benxamín
13ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - BENXAMÍN A, o sábado 1 de febreiro ás 13:30 na Torre (campo 2.1)
13ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - OZA JUVENIL SD, o sábado 1 de febreiro ás 9:30 en San Pedro de Visma (campo 1)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Benxamín A, 36 puntos; 2. Fabril FC Benxamín, 30 puntos; 3. Ural Español CF, 27 puntos... 7. Atlético Coruña Montañeros CF, 15 puntos... 10. Oza Juvenil SD, 2 puntos