Nova xornada de liga para ANOSACANTEIRA centrada no partido do Fabril ante o UP Langreo no campo Arsenio Iglesias o sábado 11 de outubro ás 16:15 (YouTube RC Deportivo).
Os fabrilistas lideran a Segunda Federación unha semana máis despois da súa goleada por 0-4 en Astorga.
Manuel Pablo debe ter en conta a citación de varios futbolistas do filial para adestrar co primeiro equipo, caso por exemplo de Hugo Ríos, Samu, Damián Canedo ou Noé.
O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias.
Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.
Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.
Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.
O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición das localidades nun proceso 100 % telemático.
As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até este mércores 8 de outubro ás 23:59 h.
A partir dese momento, se houbese asentos aínda dispoñibles, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.
Tamén o sábado 11 de setembro xogan en casa o Infantil, colíder da División de Honra, ante o AJ Lérez (12:00) no Dépor Training Center; o San Tirso SD Infantil, no grupo de cabeza, fronte ao CD Conxo Santiago (10:15) no Monte; o Alevín A ante o Ural Español CF na Torre (9:30) e o Benxamín A ante o Ural Español CF en San Pedro de Visma (9:30).
Fóra de casa o Xuvenil B visita CD Areosa ás 11:30 na Xunqueira (Vigo) co seu técnico, Dani Xelo, recentemente premiado pola Federación Galega; o San Tirso SD ao CD Areosa ás 17:00 na Xunqueira (Vigo); o Fabril FC Alevín ao Sporting Meicende ás 10:00 en Meicende Grande; e o Fabril FC Benxamín ao Silva SD ás 9:30 na Torre.
Finalmente, ten descanso o Xuvenil A (na foto principal da noticia), sen competición esta fin de semana na División de Honra.
O seu técnico, Miguel Figueira, está de parabén posto que acaba de ser premiado polo Comité Galego de Adestradores da Federación Galega.
O calendario de partidos é o seguinte:
Segunda Federación
6ª xornada: FABRIL - UP LANGREO, o sábado 11 de outubro ás 16:15 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación: 1. Fabril, 15 puntos; 2. Oviedo Vetusta e Real Ávila CF, 13 puntos... 13. UP Langreo, 3 puntos...
Categoría xuvenil
Clasificación da División de Honor: 1. RC Celta, 10 puntos; 2. Xuvenil A, Bansander, SD Compostela e Arosa SC, 7 puntos; 6. Real Oviedo, RS Gimnástica de Torrelavega e Sporting de Gijón, 6 puntos...
6ª xornada: CD AREOSA - XUVENIL B, o sábado 11 de outubro ás 11:30 na Xunqueira (Comesaña, Vigo)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 15 puntos; 2. Xuvenil B, 13 puntos; 3. CD Lugo B, 12 puntos... 10. CD Areosa, 6 puntos...
Categoría cadete
5ª xornada: CADETE - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o domingo 12 de outubro ás 12:00 no Dépor Training Center
5ª xornada: CD AREOSA - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 11 de outubro ás 17:00 na Xunqueira (Comesaña, Vigo)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta e Cadete, 12 puntos; 3. San Tirso SD Cadete e Arosa SC, 7 puntos; 5. CD Areosa, Ural Español CF, Escola de Fútbol DSF, ED Val Miñor Nigrán, SD Compostela, CD Lugo e Pabellón Ourense CF, 6 puntos...
Categoría infantil
5ª xornada: INFANTIL - AJ LÉREZ, o sábado 11 de outubro ás 12:00 no Dépor Training Center (campo de herba sintética)
5ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - CD CONXO SANTIAGO, o sábado 11 de outubro ás 10:15 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, RC Celta e San Tirso SD Infantil, 12 puntos; 4. ED Val Miñor Nigrán, 9 puntos... 6. AJ Lérez, 7 puntos... 8. CD Conxo Santiago, 6 puntos...
Categoría alevín
Primera Futbal A Coruña, 3ª xornada: ALEVÍN A - URAL ESPAÑOL CF, o sábado 11 de outubro ás 9:30 na Torre (campo 1.2)
Primera Futgal A Coruña, 3ª xornada: SPORTING MEICENDE - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 11 de outubro ás 10:00 en Meicende Grande
Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 3ª xornada: BENXAMÍN A - URAL ESPAÑOL CF, o sábado 11 de outubro ás 9:30 en San Pedro de Visma (campo 2)
Primera Futgal A Coruña, 3ª xornada: SILVA SD - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 11 de outubro ás 9:30 na Torre (campo 3.1)
