O calendario de partidos desta semana en #ANOSACANTEIRA abriuno hoxe o Infantil B, que igualou (1-1) co Oza Juvenil SD A, o seu máximo rival, e proclamouse, a falta dunha xornada, campión da Primeira Autonómica A Coruña, grupo A.
En Xixón, o domingo ás 12:00, conclúe a temporada o Deportivo ABANCA B. O filial deportivista cumpriu o seu obxectivo clasificatorio de pelexar polo ascenso cos mellores da categoría e, á vez, fornecer de futbolistas ao primeiro equipo de Primera Iberdrola, caso de Eva Dios, María Figueroa, Tati, Sara Álvarez... Ademais de Carlota ou Patri López, en dinámica do primeiro equipo desde principio de temporada.
O equipo de Kevin Cabado levou ademais unha nova alegría coa citación de Paula Novo para uns adestramentos coa selección española sub-17 desde o luns 31 de maio ao xoves 3 de xuño.
Tamén en Xixón, neste caso o sábado 29 ás 17:00 horas, conclúe a segunda fase da División de Honra o Xuvenil A. O conxunto de Óscar Gilsanz viaxa a Asturias a esta última cita como brillante campión de grupo e co billete para a Copa de Campións no peto.
O outro equipo xuvenil, o B de Liga Nacional, está á espera de saír do confinamento obrigatorio para poder retomar os adestramentos e afrontar as dúas últimas xornadas da segunda fase: En Vigo ante o Coruxo FC e en Abegondo, a última, ante o RC Celta B.
En categoría cadete, mentres o A xa é campión do subgrupo D da División de Honra cunha última xornada por diante; o B de Liga Galega precisa dun triunfo en Abegondo ante o SCD Milagrosa para proclamarse campión do subgrupo A norte. Os branquiazuis están a dous puntos do líder, o Viveiro CF, que descansa nesta xornada e por tanto non poderá sumar máis puntos.
Por outra banda, o Infantil A conclúe esta fin de semana a súa participación no subgrupo B norte da Liga Galega como campión.
En categoría alevín, o Dépor encara o choque do domingo ás 16:30 na Torre ante o segundo clasificado, o CD Calasanz A, correspondente á penúltima xornada da Primeira Autonómica A Coruña, grupo A, como campión de grupo. Seis puntos ten de renda o equipo branquiazul sobre o colexial, que ademais descansará na última xornada.
Finalmente, en fútbol oito, Alevín A, Fabril FC Alevín e Fabril FC Benxamín, este último en Abegondo o venres 28 de maio ás 19:15, afrontan unha xornada con duelos directos ante os seus inmediatos predecesores na clasificación dos seus grupos.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría feminina
6ª xornada (última): GIJÓN FF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 30 de maio ás 12:00 no campo de La Cruz (Xixón)
Clasificación da Primeira Nacional, segunda fase, grupo 1C: ... 3. Oviedo Moderno CF B, 41 puntos; 4. Gijón FF, 37 puntos; 5. Deportivo ABANCA B, 35 puntos; 6. CDE Racing Féminas B, 30 puntos
Categoría xuvenil
5ª xornada (última): SPORTING DE GIJÓN - XUVENIL A, o sábado 29 de maio ás 17:00 en Mareo (campo 1)
Clasificación da División de Honra, segunda fase, grupo 1C: 1. Xuvenil A (xa campión), 53 puntos; 2. RC Celta, 48 puntos; 3. Sporting de Gijón, 47 puntos...
Clasificación da Liga Nacional, grupo 1C de ascenso: 1. Xuvenil B (dous partidos menos) e RC Celta B (un partido menos), 58 puntos; 3. SD Compostela, 49 puntos...
Categoría cadete
10ª xornada (última): URAL ESPAÑOL CF - CADETE A, o sábado 29 de maio ás 9:30 na Grela 1
Clasificación da División de Honra, subgrupo D: 1. Cadete A, 21 puntos; 2. Ural Español CF, 12 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF A (un partido máis), 10 puntos...
10ª xornada (última): CADETE B - SCD MILAGROSA, o sábado 29 de maio ás 17:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo A norte: 1. Viveiro CF (un partido máis), 18 puntos; 2. Cadete B (un partido menos), 16 puntos; 3. CD Lugo B (un partido menos), 13 puntos...
Categoría infantil
10ª xornada (última): VICTORIA CF - INFANTIL A, o sábado 29 de maio ás 12:30 na Grela 1 (A Coruña)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo B norte: 1. Infantil A (un partido menos), 19 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 14 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF A, 10 puntos...
9ª xornada (disputado hoxe mércores): INFANTIL B 1 (Rodrigo) - OZA JUVENIL SD A 1
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña, grupo A: 1. Infantil B, 22 puntos; 2. Oza Juvenil SD A (tres partidos menos), 10 puntos...
Categoría alevín
9ª xornada: CD CALASANZ A - ALEVÍN, o domingo 30 de maio ás 16:30 na Torre (campo 3)
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once, grupo A: 1. Alevín, 18 puntos; 2. CD Calasanz A (un partido menos), 12 puntos...
6ª xornada: ALEVÍN A - URAL ESPAÑOL CF A, o sábado 29 de maio ás 9:30 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Primeira Autonómica de fútbol oito, grupo A: 1. Alevín A e Ural Español CF A, 13 puntos; 3. CF Deportivo Orzán A, 3 puntos...
5ª xornada: ORILLAMAR SD A - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 29 de maio ás 17:30 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo B: 1. Fabril FC (un partido menos), 12 puntos; 2.Orillamar SD A, 9 puntos; 3. Imperátor OAR A (un partido menos), 6 puntos...
Categoría benxamín
9ª xornada: BENXAMÍN A - ATLÉTICO CASTROS B, o sábado 29 de maio ás 9:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A: 1. Benxamín A, 18 puntos; 2. Ural Español CF A, 15 puntos; 3. Victoria CF C (un partido máis), 10 puntos...
9ª xornada: CD CALASANZ A - FABRIL FC BENXAMÍN, o venres 28 de maio ás 19:15 en Abegondo (campo de herba sintética)
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo C: 1. Fabril FC Benxamín (un partido menos), 18 puntos; 2. CD Calasanz A (un partido menos), 15 puntos; 3. Orillamar SD A, 12 puntos...
