RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, con descanso esta semana para o Dépor ABANCA B e Orzán SD Sub-21

ANOSACANTEIRA feminina encara unha nova semana de competición aínda que con descanso para o Dépor ABANCA B e o Orzán SD Sub-21.

O filial deportivista chega a este parón na 11ª posición da Segunda Federación con 15 puntos e coa alegría da convocatoria da canteirá Lucía Rivas, xa en dinámica do primeiro equipo, para uns adestramentos coa selección española sub-19.

O sábado 24 de xaneiro xóganse 2 partidos.

Na Torre o Orzán SD Cadete mídese ao SCD Milagrosa (16:00) e en San Pedro de Visma o Orzán SD Infantil A ao Victoria CF (10:30).

Para o domingo 25 quedan outros 2 choques.

En Primera Autonómica o Orzán SD Xuvenil recibe ao Xallas FC (18:00 na Torre) e no grupo 2º da Liga Galega infantil o Orzán SD Infantil B visita ao SCD Pastoriza (12:00 no Municipal de Pastoriza).

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
Clasificación: ... 10. Bizkerre Club, 16 puntos; 11. Deportivo ABANCA B, 15 puntos, 12. Olímpico de León, 12 puntos...

Tercera Federación
Clasificación: ... 6. Victoria FC, 25 puntos; 7. Orzán SD Sub-21, 17 puntos; 8. Tomiño FC Feminino, 16 puntos...

Primera Autonómica
15ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - XALLAS FC, o domingo 25 de xaneiro ás 18:00 en La Torre (campo 1)
Clasificación: ... 12. Xallas FC, 11 puntos; 13. SCD Pastoriza e Sporting Burgo, 10 puntos; 15. Orzán SD Xuvenil, 6 puntos; 16. Sárdoma CF B, 4 puntos

Liga Galega cadete
13º xornada: ORZÁN SD CADETE - SCD MILAGROSA, o sábado 24 de xaneiro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación: 1. Victoria CF, 31 puntos; 2. Orzán SD Cadete, 29 puntos; 3. SCD Milagrosa, 27 puntos...

Liga Galega infantil
13º xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - VICTORIA CF, o sábado 24 de xaneiro ás 10:30 en San Pedro de Visma (campo 1)
Grupo 1º, clasificación: 1. Orzán SD Infantil A, 31 puntos 2. Racing de Ferrol, 28 puntos; 3. Victoria CF, 27 puntos...

13º xornada: SCD PASTORIZA - ORZÁN SD INFANTIL B, o domingo 25 de xaneiro ás 12:00 no campo municipal de Pastoriza (Arteixo)
Grupo 2º, clasificación: ... 2. SCD Pastoriza, 28 puntos... 4. UD Cerqueda, 20 puntos; 5. Orzán SD Infantil B, 19 puntos; 6. UC Cee e AD Cristo Rey, 13 puntos...