A atención de ANOSACANTEIRA feminina está posta na visita do Deportivo ABANCA B ao RC Celta este sábado 11 de outubro ás 16:00 na Madroa, en partido correspondente á 6ª xornada en Segunda Federación.
Sandro Nogueira, técnico deportivista, admite que foi "un bo arranque do equipo. Á fin e ao cabo somos un recentemente ascendido".
Lembra que o RC Celta "é un primeiro equipo, fichou xente experimentada e imaxino que o seu obxectivo será ascender ou estar preto de ascender. Nós somos un filial. O noso obxectivo é seguir formando xogadoras para que poidan chegar o máis pronto posible ao primeiro equipo".
É baixa en As Nosas a gardameta internacional Antía Veiga, concentrada coa selección española sub-17 para o Mundial de Marrocos.
Tamén o sábado 11 xogan en Liga Galega o Orzán SD Cadete ante o Silva SD; e a infantís fronte ao Racing de Ferrol e AD Cristo Rey.
Para o domingo 12 quedan outros dous encontros.
En Tercera Federación, o Orzán SD Sub-21, instalado na zona media, visita ao Domaio FC (12:00); e o Orzán SD Xuvenil ao CD Arenteiro (17:00).
O calendario de partidos é o seguinte:
Segunda Federación
6ª xornada: RC CELTA - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 11 de outubro ás 16:00 na Madroa
Clasificación: 1. Real Racing Club, 13 puntos; 2. RC Celta e Athletic B, 12 puntos; 4. Sporting de Gijón, 11 puntos; 5. Deportivo ABANCA B e Real Sociedad B, 10 puntos; 7. Madrid CFF B, 9 puntos...
Tercera Federación
4ª xornada: DOMAIO FC - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 12 de outubro ás 12:00 na Granxa (Domaio)
Clasificación: ... 5. PM Friol, 5 puntos; 6. Victoria CF e Orzán SD Sub-21, 4 puntos... 12. Domaio FC, 0 puntos
Primera Autonómica
4ª xornada: CD ARENTEIRO - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 12 de outubro ás 17:00 na Uceira (O Carballiño)
Clasificación: ... 3. SD Antas, EFF Rosalía e Victoria CF B, 7 puntos; 6. Victoria FC B e Orzán SD Xuvenil, 6 puntos; 8. Atlético Villalonga FF B e SR Calo, 4 puntos; 10. CD Arenteiro, 3 puntos...
Liga Galega cadete
2ª xornada: ORZÁN SD CADETE - SILVA SD, o sábado 11 de outubro ás 12:15 na Torre (campo 2)
Liga Galega infantil
Grupo 1º, 2ª xornada: RACING DE FERROL - ORZÁN SD INFANTIL, o sábado 11 de outubro ás 10:00 na Gándara
Grupo 2º, 2ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B - AD CRISTO REY, o sábado 11 de outubro ás 16:00 en Eirís
