RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario de partidos en ANOSACANTEIRA, cun ligueiro do Orzán SD Cadete Femenino xa mañá xoves en Oleiros

O partido de Liga Galega entre a Santa Cruz CF e o Orzán SD Cadete Femenino mañá xoves 16 de novembro ás 17:00 no campo Eugenio Pardo Conchado de Oleiros, correspondente á 8ª xornada que foi aprazada no seu día polo temporal, abre o calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA.

As orzanistas lideran a categoría con 3 puntos de vantaxe sobre o Victoria CF e o Escuela FB Amistade.

Este mesmo equipo, o Orzán SD Cadete Femenino repite partido de liga coa visita ao Bergantiños CF o sábado 18 ás 18:15 nas Eiroas, xa pertencente á 10ª xornada.

Precisamente o sábado (18:00), ademais do Alevín A e os dous equipos benxamíns, o Fabril visitará o Novo Ganzábal con motivo do seu partido ante o UP Langreo. Será baixa segura Kevin Sánchez, concentrado coa selección española sub-19 en Georgia nun torneo de clasificación para o Campionato de Europa.

Como é habitual, Óscar Gilsanz dependerá para a convocatoria dos futbolistas que leve o primeiro equipo a Tarazona. Estes días, como é habitual nesta temporada, varios fabrilistas adéstranse cada día ás ordes de Imanol Idiakez: Martín Ochoa, Jairo, Rubén, Marc, Brais Val e Mati Castillo.

En Abegondo, o Xuvenil B, líder destacado da liga Nacional, recibe ao AJ Lérez (12:30); e o Infantil, á fronte da División de Honra, ao Arosa SC (11:00).

Tamén como locais, o San Tirso SD Infantil enfróntase no Monte ao Ural Español CF (10:45) e o Orzán SD Infantil B Femenino no campo Víctor Fernández Alonso (A Coruña) ao AD Cristo Rey (12:00).

Como visitante xoga o Cadete, que visita ao Racing de Ferrol (12:00 na Gándara) nunha nova defensa do liderado da División de Honra.

Para o domingo 19 quedan, ademais do encontro do Fabril FC Alevín na Torre ante o Silva SD correspondente ao subgrupo 1º de Primera A Coruña de fútbol 8, os partidos dos 'orzanes': o Orzán SD Xuvenil Femenino ás 16:00 na Torre, o Orzán SD B sub-16 Femenino ás 19:00 en Frades e o Orzán SD Infantil A Femenino ás 12:00 en San Pedro de Visma 1.

Descansan a fin de semana o Dépor ABANCA B e o Xuvenil A (na foto nos prolegómenos do partido da pasada fin de semana ante o Arosa SC), con parón ligueiro.

Finalmente, varias xogadoras de ANOSACANTEIRA estiveron coa selección galega sub-17 para un adestramento onte martes 14 de novembro no campo da Braña (Rois): Elena Vázquez, Lucía Rivas, Maca González e Sara Cercido, do Deportivo ABANCA B; e Dunia Dahmouni, Emma Gandoy, Laura Santos, Noa Fariña e Noelia Mayo, do Orzán SD.

E hoxe mércores 15 a quenda foi para a selección galega sub-15 no campo da Fieiteira (Ribeira), con motivo dun partido amigable ante o Cidade de Ribeira, e con estas orzanistas citadas: Antía Veiga, Claudia Sande, Daniela Macedo e Sofía Rodríguez.

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría feminina
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF e Lóstrego CF, 28 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 27 puntos; 4. Sárdoma CF, 21 puntos...

10ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - VICTORIA CF B, o domingo 19 de novembro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF e Orzán SD Xuvenil Femenino, 22 puntos; 3. SD O Val, 19 puntos; 4. Lóstrego CF B, 17 puntos... 11. Victoria CF B, 9 puntos...

10ª xornada: SE ABELLÁ SDEC - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO, o domingo 19 de novembro ás 19:00 no campo de O Vedral (Abellá, Frades)
Clasificación da Segunda Autonómica: ... 2. SCD Pastoriza e SE Abellá SDEC, 19 puntos... 9. Sporting Meicende, UD Carral, Orzán SD B sub-16 Femenino e SD Antas, 11 puntos...

8ª xornada: SANTA CRUZ CF - ORZÁN SD CADETE FEMENINO, mañá xoves 16 de novembro ás 17:00 no campo Eugenio Pardo Conchado (Oleiros)
10ª xornada: BERGANTIÑOS CF - ORZÁN SD CADETE FEMENINO, o sábado 18 de novembro ás 18:15 no Anexo ás Eiroas (Carballo)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 21 puntos; 2. Victoria CF e Escuela FB Amistade, 18 puntos... 8. Bergantiños CF (un partido máis), 12 puntos... 13. Santa Cruz CF, 4 puntos...

10ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO - ANTAS SD, o domingo 19 de novembro ás 12:00 en San Pedro de Visma (campo 1)

10ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO - AD CRISTO REY, o sábado 18 de novembro ás 12:00 no campo Víctor Fernández Alonso (A Coruña)
Clasificación da Liga Galega: 1. Victoria CF e Orzán SD Infantil A Femenino, 21 puntos; 3. SCD Pastoriza, 18 puntos... 10. Antas SD, 9 puntos... 12. Club Rosalía Mera, Orzán SD Infantil B Femenino e AD Cristo Rey, 3 puntos...

Segunda Federación
12ª xornada: UP LANGREO - FABRIL, o sábado 18 de novembro ás 18:00 no Novo Ganzábal (Langreo)
Clasificación: ... 6.  Racing Villalbés, 17 puntos; 7. UP Langreo, 16 puntos; 8. SD Compostela, 15 puntos; 9. Fabril, 14 puntos; 10. Valladolid Promesas, 13 puntos; 11. RS Gimnástica de Torrelavega, 12 puntos...

Categoría xuvenil
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 27 puntos; 2. Real Oviedo, 26 puntos; 3. Real Racing Club, 24 puntos; 4. Xuvenil A, 23 puntos; 5. SD Compostela (un partido menos), 19 puntos...

12ª xornada: XUVENIL B - AJ LÉREZ, o sábado 18 de novembro ás 12:30 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 33 puntos; 2. RC Celta B, 23 puntos... 10. AJ Lérez, 14 puntos...

Categoría cadete
10ª xornada: RACING DE FERROL - CADETE, o sábado 18 de novembro ás 12:00 na Gándara 1 (Ferrol)
10ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - URAL ESPAÑOL CF, o sábado 18 de novembro ás 10:45 no Monte (San Tirso)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 27 puntos; 2. RC Celta, 25 puntos; 3. CD Conxo Santiago, 22 puntos... 8. Ural Español CF, 12 puntos... 13. San Tirso SD Cadete, 7 puntos... 17. Racing de Ferrol, 5 puntos...

Categoría infantil
9ª xornada: INFANTIL - AROSA SC, o sábado 18 de novembro ás 11:00 en Abegondo
9ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o sábado 18 de novembro ás 12:30 no Monte (San Tirso)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 24 puntos; 2. RC Celta, 22 puntos; 3. Victoria CF, 16 puntos; 4. ED Val Miñor Nigrán, Arosa SC, AJ Lérez e Escola de Fútbol DSF, 14 puntos...

Categoría alevín
5ª xornada: IMPERATOR OAR - ALEVÍN A, o sábado 18 de novembro ás 9:30 na Torre (campo 2.1)
5ª xornada: SILVA SD - FABRIL FC ALEVÍN, o domingo 19 de novembro ás 10:00 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Alevín A, Atlético Coruña Montañeros CF e Fabril FC Alevín, 9 puntos; 4. Victoria CF, 7 puntos... 6. Silva SD, 3 puntos... 10. Imperátor OAR, 0 puntos

Categoría benjamín
5ª xornada: BENXAMÍN A - COMPAÑÍA DE MARÍA, o sábado 18 de novembro ás 12:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Benxamín A, Victoria CF e Ural Español CF, 9 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF e Orillamar SD, 6 puntos... 7. Compañía de María, 1 punto...

5ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - BETANZOS CF, o sábado 18 de novembro ás 11:30 na Torre (campo 3.1)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º: 1. UD Carral (un partido máis), 10 puntos; 2. Fabril FC Alevín, 9 puntos; 3. ED Luis Calvo Sanz, Betanzos CF e San Tirso SD (un partido máis), 6 puntos...