RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario en ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA B no Dépor Training Center este sábado 17 ante o Bizkerre Club

Na fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina sobresae o encontro do Dépor ABANCA B no Dépor Training Center ante o Bizkerre Club, o sábado 17 de xaneiro ás 16:00.

No banco do filial deportivista, Brais Pombo relevou a Sandro Nogueira.

A outra gran protagonista da semana foi Antía Veiga, que participou nuns adestramentos coa selección española sub-17.

Tamén Claudia Sande, que debutou co Dépor ABANCA B a pasada fin de semana no seu partido ante o Atlético de Madrid C, adestrouse coa selección española sub-16 esta semana.

Completa a xornada do sábado o partido do Orzán SD Cadete en Narón ante o Racing de Ferrol (10:00), o do Orzán SD Infantil A en Eirís fronte ao Silva SD (12:15) e o do Orzán SD Infantil B na Torre ante o CD Rois (18:15).

O domingo 18 de xaneiro xóganse dous encontros.

O Orzán SD Sub-21 visita ao Sárdoma CF (16:00) e o Orzán SD Xuvenil ao Lóstrego CF B (15:30).

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
15ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - BIZKERRE CLUB, o sábado 17 de xaneiro ás 16:00 no Dépor Training Center (campo de herba sintética)
Clasificación: ... 8. Atlético de Madrid C, 17 puntos; 9. Deportivo ABANCA B, 15 puntos; 10. Madrid CFF B, 14 puntos; 11. Bizkerre Club, 13 puntos...

Tercera Federación
14ª xornada: SÁRDOMA CF - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 18 de xaneiro ás 16:00 en As Relfas
Clasificación: ... 7. Tomiño FC Femenino, 16 puntos; 8. Orzán SD Sub-21, 14 puntos; 9. EFM Concello de Boiro e SD O Val, 13 puntos... 12. Sárdoma CF, 2 puntos

Primera Autonómica
14ª xornada: LÓSTREGO CF B - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 18 de xaneiro ás 15:30 no Novo Mirador de Beade (Vigo)
Clasificación: ... 13. SCD Pastoriza e Sporting Burgo, 10 puntos; 15. Orzán SD Xuvenil, 6 puntos; 16. Sárdoma CF B, 4 puntos

Liga Galega cadete
12ª xornada: RACING DE FERROL - ORZÁN SD CADETE, o sábado 17 de xaneiro ás 10:00 no campo Anexo Río Seco (Narón)
Clasificación: 1. Victoria CF, 28 puntos; 2. Orzán SD Cadete, 26 puntos; 3. Racing de Ferrol e SCD Milagrosa, 24 puntos... 

Liga Galega infantil
Grupo 1º, 12ª xornada: SILVA SD - ORZÁN SD INFANTIL A, o sábado 17 de xaneiro ás 12:15 en Eirís
Clasificación: 1. Orzán SD Infantil A, 28 puntos; 2. Racing de Ferrol, 25 puntos... 4. Silva SD, 14 puntos...

Grupo 2º, 12ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B - CD ROIS, o sábado 17 de xaneiro ás 18:15 na Torre (campo 3)
Clasificación: ... 4. UD Cerqueda, 17 puntos; 5. Orzán SD Infantil B, 16 puntos; 6. UC Cee e AD Cristo Rey, 13 puntos... 10. CD Rois, 0 puntos