RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Campionato e ascenso do Fabril en Ou Barco (0-1)

O Fabril gañou en Calabagueiros ao CD Barco (0-1) na última xornada (30ª), resultado co que o filial deportivista se proclama campión de Tercera RFEF e logra o ascenso directo a Segunda RFEF sen mirar o que fixo o Arosa SC en Vilalba.

David Mella, no minuto 65, foi o autor do tanto que culmina unha gran temporada dos pupilos de Óscar Gilsanz, líderes desde a 5ª xornada.

O internacional deportivista, que se pasou moitos meses fóra dos campos por lesión, recibiu de Iano Simão dentro da área e cruzou o balón ao recanto, inalcanzable para a meta local.

Non foi sinxelo o encontro. O CD Barco, un equipo feito para tentar o ascenso, xogábase as súas últimas opcións de salvación. Así, os locais dispuxeron das mellores ocasións na primeira parte.

Tralo descanso, chegou o gol de Mella e a partir de aí ao Fabril bastoulle con controlar o partido para facerse cos 3 puntos, o título ligueiro e o consecuente ascenso a Segunda RFEF.

Fabril: Hugo Ríos, Currás, Puerto, Dani Barcia, Iano Simão, Brais Val, Jairo, Mella, Nájera, Diego Gómez e Martín Ochoa. Tamén xogaron: Barba, Iñaki, Davo e Fito.

O equipo de Óscar Gilsanz acabou a temporada na primeira praza con 61 puntos, froito de 17 partidos gañados, 10 empatados e 3 perdidos; ademais dun balance de 47 goles a favor (equipo máis realizador co Gran Peña FC) e 18 en contra (o equipo menos goleado). Ademais, o dianteiro fabrilista Martín Ochoa, en idade xuvenil, foi o pichichi da categoría con 16 goles.

Novo éxito de #ANOSACANTEIRA coa base do equipo que se proclamou campión de España xuvenil hai dúas temporadas.

Os resultados do Fabril en liga foron os seguintes:

UD Paiosaco 0 - Fabril 1 (Diego Gómez)
Fabril 1 (Dani Barcia) - Alondras CF 1
Fabril 2 (Jairo e Diego Gómez) - Arosa SC 1
CD Estradense 2 - Fabril 2 (Nájera -2-)
Fabril 4 (Nájera -2- e Martín Ochoa -2-) - CSD Arzúa 0
Rápido de Bouzas 0 - Fabril 0
Fabril 6 (Nájera -2-, Martín Ochoa -3- e Iván) - Viveiro CF 0
Gran Peña FC 1 - Fabril 2 (Martín Ochoa -2-)
Fabril 3 (Nájera, Diego Gómez e Marc Lachèvre) - Silva SD 2
Atlético Arteixo 1 - Fabril 2 (Martín Ochoa e Dani Barcia)
Fabril 3 (Martín Ochoa, Diego Gómez e Iván) - CD Choco 1
UD Ourense 2 - Fabril 2 (Martín Ochoa e Iano Simão)
Fabril 0 - UD Somozas 1
Racing Villalbés 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Nájera, Iano Simão, Martín Ochoa e Diego Gómez) - CD Barco 1
Fabril 2 (Jesús Ares e Diego Gómez) - UD Paiosaco 0
Alondras CF 1 - Fabril 0
Arosa SC 0 - Fabril 0
Fabril 3 (Martín Ochoa, Dani Barcia e Iván) - CD Estradense 0
CSD Arzúa 0 - Fabril 1 (Martín Ochoa)
Fabril 0 - Rápido de Bouzas 0
Viveiro CF 1 - Fabril 1 (Martín Ochoa)
Fabril 2 (Martín Ochoa e Iano Simão) - Gran Peña FC 1
Silva SD 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - Atlético Arteixo 0
CD Choco 0 - Fabril 1 (Jesús Ares)
Fabril 1 (Mella) - UD Ourense 1
UD Somozas 0 - Fabril 2 (Martín Ochoa e Mella)
Fabril 0 - Racing Villalbés 0
CD Barco 0 - Fabril 1 (Mella)