Caparrós dará o xoves unha charla no Colexio Maior Xelmírez de Santiago
Joaquín Caparrós ofrecerá este xoves ás 20:00 horas unha charla
coloquio aos estudantes do Colexio Maior Xelmírez de Santiago de Compostela.
O acto terá lugar no Salón de Actos do mencionado centro.
O ano pasado foi o Presidente do Deportivo, Augusto César
Lendoiro, o que recibiu no Colexio Maior Xelmírez a máxima distinción do
centro polo seu labor á fronte do Club branquiazul.