RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Caranza acollerá un DéporCampus Cabreiroá, do 5 ao 9 de xullo, por sétimo verán consecutivo

Hoxe luns día 7 de xuño celebrouse a presentación do DéporCampus Cabreiroá de Caranza no local social do Club Galicia de Caranza.

Trátase dunha das sedes máis antigas, xa que será a súa sétima edición consecutiva, e con máis éxito das actividades desenvolvidas pola Fundación RC Deportivo, xa que o ano pasado contou con máis de 60 participantes a pesar das adversidades da pandemia.

Á presentación acudiron Antonio Golpe, concelleiro de deportes do Concello de Ferrol; Kike Soto, presidente do Galicia de Caranza; José Mahía, coordinador do Galicia de Caranza; Óscar, secretario do Galicia de Caranza; Fran González, director da canteira do RC Deportivo; e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.

A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas entre os días 5 e 9 de xullo.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Caranza e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do xoves día 1 de xullo nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.