RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carlos Fernández sufriu molestias nun isquio; e Edu Expósito, cambras

Dous xogadores do Dépor finalizaron o encontro nel Cerro do Espino ante o Rayo Majadahonda antes do asubío final debido a problemas físicos.
Carlos Fernández viuse obrigado a pedir o cambio no minuto 67 debido a unhas molestias nos isquiotibiais da súa perna esquerda.
Os Servizos Médicos do RC Deportivo avaliarán nos próximos días ao dianteiro sevillano.
Carlos Fernández foi substituído por Borja Valle.
Pola súa banda, Edu Expósito retirouse no minuto 76 con cambras musculares. Gerard Valentín ocupou a súa posición en banda dereita, o que obrigou a Natxo González a realizar unha variación táctica.