Carlos Fernández e Dani Giménez atenderon aos medios de comunicación na zona mixta de ABANCA-RIAZOR.
O dianteiro andaluz, autor do tanto de penalti que fixo estalar de alegría ao deportivismo, manifestou que no vestiario respírase "felicidade. Mereciámolo. Levabamos moito tempo aquí en ABANCA-RIAZOR sen atopar os resultados. Perderamos 2 e empatado 6. Era unha pequena laxa que tiñamos aí, que che ía atenazando. Hoxe era un partido importante de gañar como fóra, para que a xente siga crendo que se pode conseguir da maneira que sexa".
Carlos cualifica o triunfo como "moi importante. Era unha final. A partir de agora pensar no partido do Elxe, preparar a semana da mellor maneira posible. E hoxe gozar da vitoria, que tamén a merecemos".
Explicou que a celebración posterior coa afección é "para que sentan tamén partícipes e identificados o equipo. É parte deles".
Tivo palabras de agarimo para Tino Fernández, Presidente do Club: "É unha marabillosa persoa. Deportivamente creo que axudou moitísimo ao Club, saneouno e fixo que o Deportivo siga sendo o gran Club que é durante a súa historia. Tanto el como o seu Consello son parte importante da historia do Deportivo".
Pola súa banda, Dani Giménez, providencial en varias xogadas, apunta que "necesitabamos un partido así xusto a final de temporada".
O meta branquiazul está convencido de que con este resultado "o equipo durante a semana vai traballar mellor, vai haber máis alegría, quizais un pouquiño menos de tensión que vai facer mesmo ter mellor xogo. Ao final todo pasa por gañar, pero para gañar hai que facer as cousas como as fixemos hoxe".
Dani asegura que "a pesar de non depender de nós mesmos o equipo cre e hoxe viuse que a afección cre tamén. E iso é importantísimo".
Para concluír, quixo agradecer a Tino Fernández estes últimos anos, "que non o pasou ben tamén. Todo depende dos resultados. Tino non está para gañar os partidos, para iso estamos os xogadores. Tomou unha decisión e agora tócalle a outra xente". Desexa que haxa celebración polo ascenso, "e (Tino Fernández) ten que estar. Nós cremos e imos pelexar até o final", rematou.
