RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carolina Arbeláez e Lorena Bedoya, novidades na lista do Dépor ABANCA para recibir mañá ao Real Betis

As internacionais colombianas Carolina Arbeláez e Lorena Bedoya son as novidades na lista de 18 convocadas do Deportivo ABANCA para recibir mañá domingo 19 de xaneiro en Abegondo (18:30 horas, Gol) ao Real Betis, en partido correspondente á 17ª xornada na Primera Iberdrola.

Ambas as futbolistas chegaron á Coruña a principios de semana e, após pasar recoñecemento médico o pasado mércores no Hospital HM Modelo, xa se adestraron con normalidade estes últimos días na Cidade Deportiva.

A canteirá Carlota é a outra novidade na citación de Manu Sánchez, que non tiña baixas obrigadas por lesión ou sanción e, por conseguinte, tiña a todo o seu cadro á súa disposición.

Os afeccionados que posúan unha entrada do partido da 24ª xornada de LaLiga SmartBank entre o Deportivo e o Cádiz CF, que se disputará mañá domingo ás 16:00 horas no Estadio ABANCA-RIAZOR, terán acceso gratuíto ao encontro do Deportivo ABANCA.

Como en todos os partidos do primeiro equipo feminino, os socios teñen libre acceso ao recinto presentando o seu carné. Así mesmo, poranse á venda entradas de público por 5 euros, soamente na porta de acceso á Cidade Deportiva.

O acceso permitirase por calquera deste tres vías até completar a capacidade máxima do campo principal.

Concluído o encontro, o Deportivo ABANCA regresará aos adestramentos o martes ás 17:00 horas en Abegondo.