RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carolina Arbeláez, nova xogadora do Dépor ABANCA

Carolina Arbeláez Castaño (Medellín, Colombia 8 de marzo de 1995) converteuse hoxe en nova xogadora do Deportivo ABANCA para o ano 2020 con posibilidade de ampliación de contrato. A centrocampista destra debutou como xogadora profesional no seu país no Envigado Cantera de Heroes en 2017, do que pasou ao Atlético Nacional e ao Atlético Huila, club do que procede.

Elixida como mellor xogadora da liga Águila feminina en 2018 por Acolfutpro (a asoaciación de futbolistas) após alcanzar o subcampeonato co seu equipo, é internacional polo seu país, desde o debut coas sub-17 coa que participou no mundial de Acerbaixán até a absoluta, coa que diputó o mundial de Canadá en 2015 (onde recibiu un premio como xogadora revelación) ou nos Xogos Olímpicos de Río en 2016. Tamén disputou a Copa América Feminina de Fútbol e de fútbol sala en Chile 2016.

Carolina Arbeláez viaxará a España nos próximos días para porse ás ordes de Manu Sánchez nos primeiros días do ano 2020.