RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Case 700 socios no primeiro día da campaña de abonos 2017-2018

A campaña de abonos 2017-2018 arrincou este mércores con gran afluencia de deportivistas á Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR. 664 socios xa teñen o seu carné para a próxima temporada, 608 tras renovar e 56 tras sumarse á xente mariñeira.

Co fin de minimizar a espera na Oficina de Atención ao Deportivista, os afeccionados teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera deportivista pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono. Hoxe 595 fixeron uso do servizo. Para mañá teñen quenda 134.

Igualmente, os afeccionados poden renovar ou darse de alta (isto último só nas modalidades de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) na páxina abonos.rcdeportivo.es ou por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.

Os despachos de billetes da OAD permanecerán abertas mañá xoves de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden porse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.